Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 4 de outubro de 2022 Páx. 53019

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

CORRECCIÓN DE ERROS. Extracto da Orde do 14 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, de carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a entidades de acción voluntaria e entidades locais de Galicia para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para os anos 2022 e 2023 (código de procedemento BS508E).

Advertido erro no extracto da Orde do 14 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, de carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a entidades de acción voluntaria e entidades locais de Galicia para a elaboración e execución de proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural vinculados co proxecto piloto Talento interxeracional no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para os anos 2022 e 2023 (código de procedemento BS508E), publicada no Diario Oficial de Galicia nº 184, do 27 de setembro de 2022, cómpre facer as oportunas correccións:

Na páxina 51377, na sinatura, onde di:

«P.A. (Decreto 154/2022, do 13 de setembro;
DOG núm. 175, do 14 de setembro)»

Debe dicir:

«P.S. (Decreto 153/2022, do 13 de setembro;
DOG núm. 175, do 14 de setembro)»