Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 4 de outubro de 2022 Páx. 53079

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 21 de setembro de 2022 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes nesta consellería.

Mediante a Orde do 11 de xullo de 2022 (DOG núm. 139, do 21 de xullo) anúnciase a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dos postos de traballo vacantes na Consellería de Sanidade que se detallan no anexo I desa orde.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e demais normativa vixente, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada mediante a Orde desta consellería do 11 de xullo de 2022 e designar as persoas cuxos datos se sinalan no anexo desta orde, para ocupar os postos que tamén se especifican e que son seleccionadas conforme o establecido nas bases da citada convocatoria.

Segundo. O cesamento no actual destino das persoas que obtiveron praza producirase no prazo de tres días contados a partir do día seguinte á da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ou segundo o establecido na normativa de aplicación na súa Administración de orixe.

O prazo para tomar posesión do novo destino será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia; de sete días hábiles se comporta cambio de residencia ou de vinte días hábiles cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

O prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento. Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde a dita data.

O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, se é o caso, fosen concedidos aos/ás interesados/as.

Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Terceiro. A xefatura do centro en que cause baixa o/a traballador/a, así como a daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda.

Cuarto. Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte á súa notificación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso administrativo de reposición ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2022

Julio García Comesaña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Datos do/da funcionario/a:

Apelidos e nome: Recacho Rivas, Laura.

NIF: ***7990**.

Corpo/escala: persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde-grupo técnico da función administrativa.

Subgrupo: A1.

Datos do posto de traballo:

Denominación do posto: vicesecretario/a xeral.

Código do posto: SAC020000115770001.

Nivel CD: 30.

Centro directivo ou dependencia: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade.

Localidade: Santiago de Compostela.

(*) O NIF amósase cifrado coa finalidade de protexer os datos de carécter persoal.

Datos do/da funcionario/a:

Apelidos e nome: Rúa Moure, María Jesús.

NIF: ***9419**.

Corpo/escala: persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde-grupo técnico da función administrativa.

Subgrupo: A1.

Datos do posto de traballo:

Denominación do posto: subdirector/a xeral de Réxime Xurídico e Administrativo.

Código do posto: SAC020000215770001.

Nivel CD: 30.

Centro directivo ou dependencia: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade.

Localidade: Santiago de Compostela.

(*) O NIF amósase cifrado coa finalidade de protexer os datos de carécter persoal.