Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Martes, 4 de outubro de 2022 Páx. 53128

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 16 de setembro de 2022 pola que se fai público o acordo de inicio de procedemento para a declaración de abandono da embarcación Castilleja Uno, varada no porto de San Cibrao (Lugo).

De conformidade co disposto nos artigos 44, 45 e 46 da Lei 39/2015 (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, e por motivos de interese público que o fan aconsellable, faise público mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado o acordo de inicio de procedemento para a declaración de abandono da embarcación Castilleja Uno, con folio 7ª-Vill-3-55, varada no porto de San Cibrao, da cal, segundo os datos do Rexistro Marítimo Español, é propietario Gerardo César Rodríguez Fernández, xa falecido.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O acordo emítese por encontrar a embarcación varada sen actividade e nun claro estado de abandono desde hai un ano no porto de San Cibrao, con base no establecido no artigo 128 da Lei 6/2017, do 12 de decembro (DOG núm. 236, do 14 de decembro), de portos de Galicia.

O órgano competente para a resolución deste procedemento é a presidenta de Portos de Galicia, en virtude das competencias conferidas polo artigo 12.3, alíneas a) e l), da Lei 6/2017, de portos de Galicia.

A instrución do procedemento recae en Jesús Javier Fernández Barro, xefe da División Xurídica de Portos de Galicia, e o seu réxime de recusación o consignado no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro (BOE núm. 236, do 2 de outubro), de réxime xurídico do sector público.

Outórgaselles aos herdeiros do propietario, segundo os datos do Rexistro marítimo, así como a calquera terceiro persoa física ou xurídica que acredite dereitos e/ou intereses sobre a embarcación, un prazo máximo de dez (10) días para formularen alegacións.

Advírtese que, de acordo coa normativa máis arriba citada, chegado o momento de declarar a embarcación abandonada, esta pasará a ser propiedade de Portos de Galicia, o que non impedirá que todos os custos de tramitación ou que xeren as actuacións que cumpra realizar sobre as embarcacións sexan por conta do anterior propietario.

De cara ao seu exame, o expediente encóntrase nas dependencias dos servizos centrais de Portos de Galicia, en Área Central, praza de Europa, 5-A, 6º, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2020

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia