Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 3 de outubro de 2022 Páx. 52842

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 18 de abril de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Mesía (expediente IN407A 2021/186-1).

Advertidos erros no citado acordo, publicado no DOG número 94, do 16 de maio de 2022, cómpre facer as seguintes correccións:

– Na páxina 28908, onde di:

«– Ampliación de potencia do CT Piñeirón (15AC13) de 50 a 100 kVA de potencia.

Substitución do pórtico actual, no cal se sitúa o CT, por un apoio de celosía de tipo C14/2000 que se situará na mesma posición do existente. Retensado e regulado do van de condutor de tipo LA-30 desde o apoio nº 12-4 (AEN0OVMW) ata o novo apoio. O total da LMTA existente que se vai retensar é de 158 metros».

Debe dicir:

«– Cambio de transformador de 50 kVA a 100 kVA do CT Castrallón (15AEG7), con expediente de industria nº IN407A 2016/1312-1, alimentado pola liña de media tensión CES713 (Ponte Carreira 13) a 15 kV, procedente da subestación de Cesuras. As instalacións proxectadas inclúen a substitución de toda a aparellaxe de media e baixa tensión, así como a instalación da máquina de 100 kVA no apoio metálico existente da compañía de tipo C-2000/12-H35».