Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 3 de outubro de 2022 Páx. 52849

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción de varias instalacións eléctricas no concello de Coles (expediente IN407A 2022/101-3).

Visto o expediente para o outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción das instalacións eléctricas que a continuación se describen, tal e como se recollen no proxecto asinado en Ourense polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado número 2233 do Coeticor, o día 13.5.2022, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante declaración responsable asinada na mesma data.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A., CIF: A63222533.

Enderezo: A Batundeira, 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: LMTS, CTC, RBTS no lugar de Vilar de Barra, polígono 8, parcela 81.

Situación: concello de Coles (Ourense).

Orzamento: 124.614,97 €.

Características técnicas:

LMTS, a 20 kV, de 690 m de lonxitude e condutor tipo RHZ1-3x(1x150), de alimentación a CT proxectado, con inicio no paso A/S en apoio existente número D42-D46-12-B-4, da LMTA VLL810.

CT prefabricado do tipo fin de liña rural, con manobra exterior, de 100 kVA de potencia aparente e material illante en aceite mineral, situado na residencia da 3ª idade en Vilar de Barra, Coles. Parcela con referencia catastral número 32027A008000810000OS.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG número 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG número 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 11 de setembro de 2022

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense