Visto o expediente para outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe, tal e como se recolle no proxecto asinado polo enxeñeiro técnico industrial Rubén Francisco Fernández Vayo, colexiado núm. 2880 do COITI Vigo e con visado núm. 22201799 do 10.8.2022 do sinalado colexio profesional.
Solicitante: San Miguel 2000 Distribución Eléctrica, S.L.U.; CIF: B32274680.
Enderezo: rúa Coruña, núm. 20, 36700 Tui, Pontevedra.
Denominación: modificación CTA Cardeu (expediente 2003/119-AT).
Situación: lugar de Cardeo, concello de Verea (Ourense).
Orzamento: 11.717,16 € de execución material.
Características técnicas: modificación CTA Cardeu.
Substitución do transformador aéreo existente de 50 kVA por un novo transformador de 160 kVA, xunto con toda a súa aparellaxe asociada. Montaxe dos cadros de BT e de compensación de reactiva, material illante en aceite mineral; coordenadas xeográficas: latitude: 42°07’50.5”N, lonxitude: 8°00’10.8”W; fuso UTM: 29.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial resolve:
Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.
Ourense, 7 de setembro de 2022
Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense