Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 3 de outubro de 2022 Páx. 52705

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 12 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia no curso académico 2022/23 (código de procedemento ED421A).

Advertido un erro no texto da orde indicada, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 182, do 23 de setembro de 2022, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Todas as referencias realizadas ás universidades do Sistema universitario de Galicia deberán entenderse efectuadas ás universidades públicas do Sistema universitario de Galicia.