Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Luns, 3 de outubro de 2022 Páx. 52732

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se modifica a composición do xurado de selección que analizará e valorará as solicitudes das persoas aspirantes aos premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de Música, de Danza e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2021/22, designado pola Resolución do 28 de xuño de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 130, do 8 de xullo).

A Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, do 7 de xuño de 2022, pola que se convocan os premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de Música, de Danza, e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2021/22 (DOG núm. 120, do 23 de xuño), establece no seu artigo 11 que para a análise e a valoración das solicitudes a persoa titular da Dirección Xeral de Formación Profesional designará un xurado de selección.

A Dirección Xeral de Formación Profesional viuse afectada pola reestruturación establecida no Decreto 119/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (DOG núm. 126, do 4 de xullo).

De conformidade co establecido no citado artigo 11, na disposición derradeira primeira da citada Orde do 7 de xuño de 2022 e no Decreto 119/2022, do 23 de xuño, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Designar os membros do xurado de selección que deberán analizar e valorar as solicitudes dos aspirantes aos premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de Música, de Danza e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2021/22, e facer pública a súa composición, que é a que figura no anexo a esta resolución.

Segundo. O xurado poderá dispor a constitución dunha comisión técnica especializada para colaborar na valoración dos méritos dos aspirantes.

Terceiro. Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2022

José Luis Mira Lema
Director xeral de Formación Profesional

ANEXO

Xurado de selección

a) Ámbito de Música.

Presidente: Xosé María López Carretero, xefe do Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe Permanente, por delegación do director xeral de Formación Profesional.

Vogais:

Gustavo Lorenzo Prozzo, inspector de Educación.

Rosalía Polo Cal, inspectora de Educación.

Nuria Campo Campo, asesora de Música e Artes Escénicas.

Secretaria: Raquel González García, asesora de Música e Artes Escénicas.

b) Ámbito de Danza.

Presidente: Xosé María López Carretero, xefe do Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe Permanente, por delegación do director xeral de Formación Profesional.

Vogais:

Rubén Vázquez Rodríguez, inspector de Educación.

María de los Ángeles Gayoso Diz, profesora de Música e Artes Escénicas.

Nuria Campo Campo, asesora de Música e Artes Escénicas.

Secretaria: Raquel González García, asesora de Música e Artes Escénicas.

c) Ámbito de Artes Plásticas e Deseño.

Presidente: Xosé María López Carretero, xefe do Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe Permanente, por delegación do director xeral de Formación Profesional.

Vogais:

Jesús María Risueño López, inspector de Educación.

Rubén Vázquez Rodríguez, inspector de Educación.

Gonzalo Porral Mato, mestre de taller de Artes Plásticas e Deseño.

Secretaria: Raquel González García, asesora de Música e Artes Escénicas.