Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 30 de setembro de 2022 Páx. 52097

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 16 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se convocan as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA PRS806 entre os apoios 55-48-4 e 55-48-9 (Nogueira de Ramuín), na Casa do Concello de Nogueira de Ramuín, provincia de Ourense.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas no levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA PRS806 entre apoios 55-48-4 e 55-48-9, na casa do Concello de Nogueira de Ramuín, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, e exhibirán o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Ourense, 16 de setembro de 2022

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2021/149-3.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Termo municipal: Nogueira de Ramuín.

Denominación da instalación: regulamentación LMTA PRS806 entre apoios 55-48-4 e 55-48-9 (Nogueira de Ramuín).

Titular

Incidencia

Data

Hora

1

Antonio Quevedo González

Dolores Quevedo González

Enderezo descoñecido

27.10.2022

11.00