Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 30 de setembro de 2022 Páx. 52088

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 8 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) do proxecto de execución LMT evacuación PE Monte do Marco (expediente IN408A 2020/051).

En cumprimento do disposto na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir.

Antecedentes:

– O 20 de marzo de 2020 a empresa Aventoa, S.L. presenta a solicitude de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción, aprobación do proxecto sectorial e declaración de utilidade pública da infraestrutura eléctrica citada no asunto. Posteriormente, o 24 de decembro de 2020 presenta unha nova solicitude de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción, aprobación do proxecto sectorial e declaración de utilidade pública do proxecto modificado.

– O 27 de abril de 2021 e de acordo co artigo 33.9 da Lei 8/2009, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais achega a esta xefatura territorial o expediente para continuar coa súa tramitación.

– O 22 de decembro de 2021, Aventoa, S.L. solicita a paralización da información pública do proxecto de execución da liña do asunto, co obxecto de adaptar o proxecto á futura autovía A-56 Ourense-Lugo, no tramo Guntín-Narón, na provincia de Lugo.

– O 4 de agosto de 2022, a promotora envía á DXPERN a nova documentación para satisfacer os requirimentos feitos ata o momento, incluída a posible afección á futura A-56.

– O 17 de agosto de 2022 e de acordo co artigo 33.9 da Lei 8/2009, a citada dirección xeral achega a esta xefatura territorial a nova documentación presentada polo promotor en orde a continuar coa tramitación.

Declaración da tramitación de urxencia:

De acordo co establecido no artigo 43 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento de implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e con base nos artigos 44 da mencionada Lei 5/2017, do 19 de outubro, e 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o 26 de agosto de 2021, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais resolveu declarar a tramitación de urxencia dos procedementos administrativos correspondentes á LMT 30 kV de evacuación PE Monte do Marco (expediente IN408A 2020/51), promovido por Aventoa, S.L., o que supón a redución á metade dos prazos establecidos para o procedemento común, salvo os relativos á información pública e á presentación de solicitudes e recursos.

Os datos do proxecto son os seguintes:

Solicitante/promotora: Aventoa, S.L. NIF: B70256987.

Denominación do proxecto: proxecto de execución LMT evacuación PE Monte do Marco.

Municipios afectados: concellos de Monterroso, Guntín e Portomarín (Lugo).

Orzamento de execución material: 528.650,10 €.

Características técnicas das instalacións: liña de evacuación da enerxía eléctrica xerada polo PE Monte do Marco de 30 kV de tensión nominal, cunha lonxitude de 5.007 m e un trazado que discorre polos concellos de Monterroso, Guntín e Portomarín. Conta con dous tramos subterráneos intercalados por un tramo aéreo. O tramo aéreo discorrerá desde o apoio 1 ata o apoio 26 e será de simple circuíto en triángulo con condutor LA-78 e cable de garda OPGW 24 FO. O tramo subterráneo partirá do CSM Monte do Marco ata o apoio de paso aéreo-subterráneo número 1 e logo desde o apoio número 26 de paso aéreo-subterráneo ata a entrada á SET Eirexe e levará unha terna de cables tipo HEPRZ1 18/30kV 1×150 Al + H25 enterrados en gabia, dispostos en triángulo e cable de comunicacións PKP 24 FO Monomodo.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.a) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Obxecto da información pública:

A solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) das instalacións. A declaración de utilidade, de acordo co artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Documentación que se expón:

• O proxecto de execución (asinado o 16 de marzo de 2022).

• A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e dereitos afectados (RBDA-asinada o 6 de setembro de 2022), que figura no anexo I deste acordo. Planos dos predios afectados (asinado o 6 de setembro de 2022).

• O estudo de impacto ambiental (EIA) (asinado en xullo de 2022).

• O proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) (asinado o 16 de marzo de 2022).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental (modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia), para o coñecemento xeral, así como en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, e das persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que xulguen oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A documentación estará á disposición dos interesados nas dependencias da sección de Enerxía desta xefatura territorial de Lugo da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (rolda da Muralla, nº 70, baixo 2º, 27071 Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 88 94 39), así como nos concellos de Monterroso, Guntín e Portomarín (Lugo).

Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación a través da seguinte ligazón:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/lat-monte-do-marco

Lugo, 8 de setembro de 2022

O xefe territorial de Lugo
P.A. (Artigo 41.3 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño)
Juan Carlos Morán del Pozo
Xefe do Servizo de Industria

ANEXO I

Relación de bens e dereitos afectados pola liña de evacuación eléctrica do parque eólico Monte do Marco

Predio

Datos catastrais

Lugar

Terreo

Pleno dominio

Servidume

Referencia
catastral

Concello

Pol.

Parc.

Nome

Apoio

Voo

Acceso

Gabia

Ocupación temporal

Núm.

Superficie
(m²)

Lonxitude
(m)

Superficie
(m²)

Superficie
(m²)

Superficie
(m²)

Superficie
(m²)

1

27032A00600053

Monterroso

6

53

Pedralba

Matogueira/improdutivo

MVMC de Marzán

1, 2 (100 %)

51

171

2.900

118

733

307

2

27032A00600005

Monterroso

6

5

San Pordienso

Matogueira

MVMC de Marzán e
Martínez Bruzos Hnos.

0

39

993

0

0

0

3

27032A00700241

Monterroso

7

241

San Pordienso

Árbores de ribeira

MVMC de Marzán e
Martínez Bruzos Hnos.

0

35

960

0

0

0

4

27032A00700240

Monterroso

7

240

Petello de San Pordi

Árbores de ribeira

López Neira, Filomena

0

17

0

0

0

5

27032A00700242

Monterroso

7

242

Valdeguas

Piñeiro madeirable/matogueira/árbores de ribeira

MVMC de Marzán

3 (100 %)

24

227

4.738

200

0

116

6

27032A00700263

Monterroso

7

263

Valdeguas

Piñeiro madeirable/matogueira/improdutivo

MVMC de Marzán

4, 5, 6, 7, 8 (100 %)

107

961

20.191

634

0

689

7

27032A00700102

Monterroso

7

102

Chousa das Lamas

Matogueira

MVMC de Marzán

9, 10 (100 %)

42

230

4.472

199

0

207

8

27032A00700101

Monterroso

7

101

Valdegua

Matogueira

Navia Gómez, Alicia e MVMC de Marzán

11, 12 (100 %)

40

369

7.329

735

0

373

9

27032A00700074

Monterroso

7

74

Cruceiro

Matogueira/prados ou pradarías

Gómez Castro, Antonio

13, 14 (100 %)

46

286

4.661

1.315

0

284

10

27023A00600007

Guntín

6

7

Tras da Costa

Matogueira

Rodríguez Rodríguez, Digna

0

2

135

0

0

0

11

27023A00600006

Guntín

6

6

Tras da Costa

Matogueira

Rodríguez Gay, Segundo

0

58

1.252

0

0

0

12

27023A00600005

Guntín

6

5

Tras da Costa

Matogueira

Vázquez Pacín, Javier

0

70

1.580

420

0

0

13

27023A00600001

Guntín

6

1

Laboa

Prados ou pradarías/matogueira

Gómez Rodríguez, Balbino

15 (100 %)

25

183

3.915

786

0

115

14

27023A00500261

Guntín

5

261

Redondelo

Matogueira

Gómez Rodríguez, Balbino

0

5

118

257

0

0

15

27023A00100011

Guntín

1

11

Codeira

Matogueira

Fernández Castro, Alberto

16 (100 %)

27

120

2.304

0

0

150

16

27023A00100010

Guntín

1

10

Codeira de Diante

Matogueira

Rodríguez Gay, Segundo

0

75

1.861

0

0

0

17

27023A00100009

Guntín

1

9

Codeira

Piñeiro madeirable

Gómez Rodríguez, Balbino

17 (43 %)

11

55

1.037

0

0

72

18

27023A00100008

Guntín

1

8

Codeira

Matogueira

Vázquez Pacín Javier

17 (57 %)

14

62

1.239

0

0

76

19

27023A00100007

Guntín

1

7

Codeira

Matogueira

Vázquez Prado, Gumersinda

0

58

1.633

0

0

0

20

27023A00100006

Guntín

1

6

Tras da Codeira

Matogueira

Fernández Bruzos, Antonio

0

7

357

0

0

0

21

27023A00100005

Guntín

1

5

Codeira

Matogueira

Rodríguez Bruzos, Mª Manuela

0

69

1.712

0

0

0

22

27023A00100004

Guntín

1

4

Codeira

Matogueira

Méndez Gómez, José Antonio

18 (100 %)

21

72

1.321

815

0

137

23

27023A00100003

Guntín

1

3

Codeira

Matogueira

Méndez Paredes, Juan José

0

72

1.932

90

0

0

24

27023A00100002

Guntín

1

2

Codeira

Prados ou pradarías/matogueira

Méndez Gómez, José Antonio

19 (100 %)

25

225

5.439

632

0

123

25

27023A00100001

Guntín

1

1

Cerdeiras

Árbores de ribeira

Rodríguez Gay, Segundo

0

112

2.797

0

0

0

26

27023A00600014

Guntín

6

14

Tras da Costa

Matogueira

Méndez Castro, Carmen

0

0

81

0

0

27

27023A00600013

Guntín

6

13

Paston

Matogueira

Rodríguez Gay, Segundo

0

0

118

0

0

28

27023A00600012

Guntín

6

12

Tras da Costa

Matogueira

Paredes Besteiro, Mª Carmen e outro

0

0

122

0

0

29

27023A00600011

Guntín

6

11

Tras da Costa

Matogueira

Bruzos Fernández Hnos.

0

0

81

0

0

30

27023A00600009

Guntín

6

9

Tras da Costa

Matogueira

Vázquez Prado, Gumersinda

0

0

60

0

0

31

27049A05200019

Portomarín

52

19

Nespereira

Piñeiro madeirable/improdutivo

MVMC de Nespereira

20 (100 %)

31

67

1.300

0

0

130

32

27049A05200015

Portomarín

52

15

Nespereira

Matogueira/prados ou pradarías

MVMC de Nespereira

21 (100 %)

29

453

15.171

0

0

127

33

27049A05100001

Portomarín

51

1

Nespereira

Matogueira/árbores de ribeira

MVMC de Nespereira

22, 23 (100 %)

56

259

5.094

307

0

262

34

27049A00100083

Portomarín

1

83

Covas

Matogueira

Carballo Pousada, Edita

0

21

351

0

0

28

35

27049A00100081

Portomarín

1

81

Rubión

Matogueira

Castro Vázquez Hnos.

0

80

1.506

0

0

0

36

27049A00100080

Portomarín

1

80

Carballeira

Prados ou pradarías/carballeira

MVMC de Vilaxuste. Exp. 19/75

24, 25, 26 (100 %)

111

283

4.707

1.977

208

467

37

27049A00100095

Portomarín

1

95

Carballeira

Prados ou pradarías

MVMC de Vilaxuste. Exp. 19/75

0

0

0

107

0