Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 30 de setembro de 2022 Páx. 51998

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2022 pola que se aproban as bases para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a comercialización e difusión de proxectos e obras audiovisuais galegas en foros de negocio especializados e eventos de cine que se celebran fóra de Galicia, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento CT404D).

A Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), no artigo 3 determina que a Agadic ten por obxecto o impulso e a consolidación do tecido empresarial no sector cultural galego, cooperando na achega de factores produtivos, no fomento da oferta de bens e servizos e na asignación de ingresos suficientes e estables. O artigo 5.1 da Lei 4/2008 establece que unha das funcións da Agadic é a de promover a distribución dos produtos culturais do noso país, fomentando a creación de públicos e facilitando o acceso da cultura galega a novos mercados, e o artigo 5.2 establece que a Agadic poderá, para o logro dos seus obxectivos, conceder subvencións.

A través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), a Xunta de Galicia, dentro do obxectivo xenérico de promoción e fomento da cultura galega impulsado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, centraliza os programas de apoio destinados a empresas e industrias culturais privadas do sector audiovisual.

Un dos obxectivos da Axencia é consolidar o tecido industrial cultural galego e convertelo nun tecido empresarial capitalizado, competitivo e innovador, fomentando a creación, a demanda e a comercialización de bens e servizos culturais de calidade e aumentando o peso relativo do sector no sistema produtivo galego. Ao mesmo tempo quere promover a distribución e comercialización dos produtos culturais dentro e fóra do noso país, fomentando a captación de públicos e facilitando o acceso da cultura galega e da lingua galega, como elementos singulares, a novos mercados. Así e tal como establece a Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cine, na súa exposición de motivos, a actividade cinematográfica e audiovisual conforma un sector estratéxico da nosa cultura e da nosa economía como manifestación artística e expresión creativa, sendo un elemento básico da entidade cultural dun país. A súa contribución ao avance tecnolóxico, ao desenvolvemento económico e á creación de emprego, xunto coa súa achega ao mantemento da diversidade cultural, son elementos suficientes para que o estado estableza as medidas necesarias para o seu fomento e promoción, e que determine os sistemas máis convenientes para a conservación do patrimonio cinematográfico e a súa difusión dentro e fóra das nosas fronteiras. Todo iso considerando que a cultura audiovisual, da que sen dúbida o cinema constitúe unha parte fundamental, está presente en todos os ámbitos da sociedade actual.

Con esta convocatoria de axudas, a Axencia Galega das Industrias Culturais quere seguir impulsando un marco de actuación cultural baseado en tres premisas substanciais:

1. O impulso do sector audiovisual galego, considerado como estratéxico para a Comunidade.

2. A consolidación de industrias audiovisuais competitivas, con posibilidades de exportar e dar rendibilidade social e económica á cultura galega.

3. A busca da excelencia nos produtos culturais galegos, coa posta en valor da cultura galega a través da creación e divulgación de produtos audiovisuais galegos.

4. A mellora da cualificación profesional nas empresas audiovisuais e o fomento da participación dos postos directivos das producións en foros de formación e de negocio de ámbito internacional.

Con esta convocatoria de axudas, a Axencia Galega das Industrias Culturais quere cumprir co establecido no artigo 5 da Lei 4/2008 e, en consonancia cos seus obxectivos e fins, exercerá as seguintes funcións:

a) Promover a distribución e a comercialización dos produtos culturais dentro e fóra do noso país, fomentando a captación de públicos e facilitando o acceso da cultura galega a novos mercados internacionais.

b) Fomentar a creación, o mantemento e a utilización de infraestruturas e equipamentos por parte dos axentes culturais, en especial, o impulso de centros que faciliten o acceso á cultura dos cidadáns e das cidadás.

c) Impulsar a cooperación e o asociacionismo entre os traballadores e traballadoras e as empresas dos distintos sectores culturais, así como as medidas do sector profesional galego, para aumentar a súa presenza e competitividade nos mercados culturais, en especial, no apoio ás exportacións de bens e servizos culturais galegos.

Por todo isto, en consonancia cos seus obxectivos inmediatos, apróbase a convocatoria pública de subvencións para a promoción, comercialización e difusión de proxectos e obras audiovisuais de autoría e/ou produción galega en foros, mercados profesionais de negocio, festivais, certames e mostras que se realizan fóra de Galicia, para o exercicio 2022, de acordo coas seguintes bases:

Primeira. Obxecto

1. Esta resolución, no desenvolvemento das funcións e dos obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para a comercialización e difusión de proxectos e obras audiovisuais galegas en foros de negocio especializados e eventos de cine que se celebran fóra de Galicia e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento CT404D).

2. Para os efectos desta convocatoria, entenderase por foros de negocio especializados aqueles eventos profesionais de ámbito internacional que teñan por obxecto o financiamento de proxectos e a comercialización de obras audiovisuais, incluídos na cláusula quinta, punto 1 e cuxas datas de realización sexan as comprendidas entre os días 1 de xaneiro de 2022 ata o 15 de novembro de 2022.

3. Para os efectos desta convocatoria entenderanse por eventos de cine aqueles certames de premios e festivais nacionais e internacionais dirixidos á promoción e á difusión do audiovisual que se celebran fóra de Galicia incluídos na cláusula quinta, punto 2 e cuxas datas sexan as comprendidas entre o 1 de xaneiro de 2022 ata o 15 de novembro de 2022.

4. Sobre estas bases poderase obter información adicional na páxina web da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic): https://www.agadic.gal

Segunda. Réxime das axudas e principios de xestión

1. Estas axudas deberán cumprir as condicións de exención e os límites do artigo 3 do Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis. O importe total das axudas de minimis concedidas por un Estado membro a unha única empresa non excederá 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais.

2. A percepción destas axudas é compatible con outras subvencións, axudas e ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes da Administración da Xunta de Galicia e de calquera outra Administración ou ente público ou privado, e con outros ingresos ou recursos para a mesma finalidade, pero son incompatibles con outras axudas polo mesmo proxecto da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e dos seus organismos dependentes.

3. No caso de se percibiren outras axudas, deberase acreditar documentalmente a súa natureza e contía, así como calquera circunstancia que poida afectar substancialmente a execución das actuacións. A comunicación deberá efectuarse tan axiña como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

4. En ningún caso a suma dos importes das axudas concedidas ao abeiro desta orde poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, pode superar o 100 % do custo do evento.

Nos anexos desta resolución figuran as declaracións das axudas de minimis, así como doutras axudas percibidas polo solicitante que deberán cubrir as persoas solicitantes.

5. A xestión destas subvencións realizarase de acordo cos seguintes principios:

a) Publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.

b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Administración outorgante.

c) Eficiencia na asignación de efectivos e na utilización de recursos públicos.

6. A solicitude para ser beneficiario da axuda levará implícita a autorización, no suposto de que se conceda a axuda solicitada, para a inscrición no Rexistro Público de Axudas, Subvencións, Convenios e Sancións dependente da Consellería de Facenda dos datos facilitados na solicitude. Non obstante, as persoas ou entidades solicitantes poderán denegar expresamente o seu consentimento á inscrición dos seus datos no Rexistro Público de Subvencións, cando concorra algunha das circunstancias previstas na letra d) do número 2 do artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

7. De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

8. As subvencións serán concedidas por orde de entrada ata o esgotamento do crédito orzamentario, de acordo co establecido nos artigos 19.2 e 22 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, polo procedemento abreviado no cal a proposta de concesión a formulará o órgano instrutor, que unicamente deberá comprobar a concorrencia dos requisitos para conceder a subvención, sen que sexa necesario realizar a comparación das solicitudes presentadas.

Terceira. Persoas beneficiarias

1. Poderán ser persoas beneficiarias as seguintes:

1.1. Modalidade A. Asistencia a foros de negocio especializados.

As persoas físicas (autónomas) e xurídicas privadas que estean constituídas como empresa produtora e/ou distribuidora audiovisual que leven a cabo algunha actividade de creación e produción no campo audiovisual galego baixo as epígrafes 961.1 ou 962.1 do IAE e que participen nalgún dos foros de negocio especializados que se relacionan na base seguinte e poidan acreditar ter realizado o rexistro oficial nel.

1.2. Modalidade B. Participación en eventos de cine.

1.2.1. As persoas físicas (autónomas) e xurídicas privadas que estean constituídas como empresa produtora baixo a epígrafe 961.1 do IAE e poidan acreditar un mínimo dun 20 % de propiedade da obra e participen nalgún dos eventos de cine que se relacionan na base seguinte.

1.2.2. As persoas físicas que figuren como director ou directora da obra, cando o obxecto da subvención sexa a participación do filme nalgún evento de cine dos indicados na base seguinte sempre que se poida acreditar a selección oficial nel.

2. Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades que non cumpran os requisitos referidos no artigo 10.1 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, ou nas cales concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10.2 e 3 da mencionada lei. En todo caso, os solicitantes presentarán unha declaración responsable de non estaren incursos en tales circunstancias, consonte o modelo establecido no anexo I desta convocatoria.

Cuarta. Accións subvencionadas obxecto desta convocatoria: modalidades contías e límites

1. Establécense dúas modalidades de subvención:

1.1. Modalidade A. Asistencia a foros de negocio especializados.

Nesta modalidade serán obxecto de axuda o 60 % dos gastos subvencionables derivados da asistencia dunha persoa por entidade solicitante aos mercados e foros internacionais indicados no seguinte cadro e ata as cantidades máximas establecidas nel, cando esta teña carácter presencial.

Foro de negocio/mercado

Máximo

Mafiz-Festival de Málaga

600 euros

The Industry Club-Festival de San Sebastián

600 euros

Ventana Sur 2021 (Bos Aires)

1.800 euros

Natpe 2022 (Miami)

1.800 euros

Cinemart-Rotterdam 2022 (Holanda)

1.300 euros

Marché du Court de Clermon-Ferrand 2022 (Francia)

1.300 euros

European Film Market-Berlín 2022 (Alemaña)

1.300 euros

MIPTV-Cannes 2022 (Francia)

1.300 euros

Marché du Film-Cannes 2022 (Francia)

1.300 euros

Marché international du film d’animation-Annecy 2022 (Francia)

1.300 euros

Sunny Side of the Doc-La Rochelle 2022 (Francia)

1.300 euros

MIPCOM-Cannes 2022 (Francia)

1.300 euros

American Film Market-Santa Mónica 2022 (EE.UU.)

1.800 euros

TIFF Industry-Toronto 2022 (Canadá)

1.800 euros

Se a asistencia fose virtual, recoñecerase unicamente como gasto subvencionable o relativo ao rexistro no mercado ou foro dunha persoa por entidade solicitante polo 100 % do seu custo e, en todo caso, non superarán as cantidades establecidas no cadro anterior.

A subvención máxima anual que pode acadar cada entidade solicitante por asistir a mercados ou foros de negocio audiovisuais non poderá exceder 3.520 euros.

1.2. Modalidade B. Participación en eventos de cine.

Nesta modalidade será obxecto de axuda a totalidade dos gastos subvencionables derivados da participación dunha obra audiovisual e dos seus representantes nos certames de premios e nos festivais de cine de fóra de Galicia que se relacionan a continuación, nas categorías e seccións que se detallan e polas contías máximas que se especifican nos cadros seguintes, sen que unha mesma produción poida recibir subvención por ter participado en máis de dous certames de premios e máis de dous festivais de cine.

Premios e nominacións:

Óscar

EE.UU.

Longametraxe de produción galega proposta por España como candidata a mellor filme de fala non inglesa

10.000

Longametraxe de produción galega finalista a mellor filme de fala non inglesa

20.000

Película de produción e/ou dirección galega finalista a mellor curtametraxe (ficción, documental, animación)

8.000

Goya

España

Longametraxe de produción galega finalista na categoría a mellor película

10.000

Longametraxe produción galega finalista na categoría a mellor película de animación

5.000

Longametraxe de produción galega finalista na categoría a mellor documental

5.000

Película de dirección e/ou produción galega finalista na categoría a mellor curtametraxe (ficción, documental, animación)

2.500

European Film Awards

Europa

Longametraxe de produción galega finalista na categoría a mellor película

10.000

Longametraxe produción galega finalista na categoría á mellor comedia

5.000

Longametraxe produción galega finalista na categoría a mellor película de animación

5.000

Longametraxe de produción galega finalista na categoría a mellor película documental

5.000

Película de dirección e/ou produción galega finalista na categoría a mellor curtametraxe (ficción, documental, animación)

2.500

Festivais e mostras de cine:

Certame

País

Sección

Máximo €

Internationale Filmfestpiele Berlin (Berlinale)

Alemaña

Sección Oficial a Competición (e fóra de competición)

5.000

Outras seccións (longas)

3.500

Outras seccións (curtas)

2.000

International Short Film Festival Oberhausen

Alemaña

Calquera sección

1.000

Festival Internacional de Cine de Mar del Plata

Arxentina

Sección Oficial Competición

2.500

Outras seccións (longas)

2.000

Outras seccións (curtas)

1.500

Outras seccións (curtas)

2.000

Buenos Aires Festival Internacional de Cine Independiente (Bafici)

Arxentina

Competencia Internacional

2.500

Competencia Vanguardia y Género (longas)

2.500

Competencia Vanguardia y Género (curtas)

1.500

Outras seccións (longas)

1.500

Outras seccións (longas)

2.000

Outras seccións (curtas)

1.500

Viennale-Vienna International Film Festival

Austria

Calquera sección (longas)

2.500

Calquera sección (curtas)

1.500

Outras seccións (longas)

2.500

Outras seccións (curtas)

1.500

Festival des Films du Monde (Montreal)

Canadá

Sección Oficial Competición

2.500

Outras seccións (longas)

2.000

Outras seccións (curtas)

1.500

Toronto International Film Festival (TIFF)

Canadá

Calquera sección (longas)

3.500

Calquera sección (curtas)

2.000

Outras seccións (longas)

3.500

Outras seccións (curtas)

2.000

Hot Docs (Toronto)

Canadá

Calquera sección (longas)

2.000

Calquera sección (curtas)

1.500

Shanghai International Film Festival

China

Sección Oficial Competición

2.500

Busan International Film Festival

Corea do Sur

World Cinema

2.500

Festival Internacional de Cine de San Sebastián

España

Nuev@s Director@s

3.500

Zabaltegi-Tabakalera

2.500

Zabaltegi-Tabakalera (curtas, medias)

1.000

Perlas, Made in Spain

1.500

Seminci-Semana Internacional de Cine de Valladolid

España

Sección Oficial Competición

2.500

Outras seccións competitivas (longas)

1.000

Outras sección competitivas (curtas)

500

Sitges-Festival Internacional de Cinema Fantastic de Catalunya

España

Sección Oficial Competición

2.500

Outras seccións competitivas (longas)

1.000

Outras seccións competitivas (curtas)

500

Sevilla Festival de Cine Europeo

España

Sección Oficial Competición

2.500

Outras seccións (longas)

1.500

Outras seccións(curtas)

500

Festival de Málaga Cine Español

España

España

Sección Oficial (concurso e fóra de concurso)

2.500

Outras seccións (longas)

1.000

Curtametraxes

500

Festival Internacional de Cine de Gijón

España

Sección oficial Competición (longas)

1.000

Zinebi-Festival Internacional de Cine Documental e Curtametraxe de Bilbao

España

Sección Oficial Competición

1.000

Cinema Jove. Festival Internacional de Cine de Valencia

España

Sección oficial Competición (longas)

1.000

Sundance Film Festival

Estados Unidos

Calquera sección (longas)

2.500

Calquera sección (curtas)

1.500

Tiger Awards Competition for Short Films

1.500

Outras seccións (longas)

2.000

Outras seccións (curtas)

1.000

New York Film Festival

Estados Unidos

Main Slate

2.500

Projections

1.500

Outras seccións (curtas)

1.000

Tribeca Film Festival

Estados Unidos

Calquera sección competitiva (longas)

2.500

Calquera sección competitiva (curtas)

1.500

Outras seccións (longas)

1.500

Outras seccións (curtas)

1.000

Festival de Cannes (inclúe Semaine de la Critique e Quinzaine des Realisateurs)

Francia

Sección Oficial a Competición (e fóra de competición)

5.000

Outras seccións (longas)

3.500

Outras seccións (curtas)

2.000

Festival international du film d’animation d’Annecy

Francia

Calquera sección (longas)

3.000

Calquera sección (curtas)

1.000

Festival International du Court Métrage à Clermont-Ferrand

Francia

Calquera sección

1.500

Festival Cinéma Espagnol Nantes

Francia

Calquera sección (longas)

1.000

FID Festival International de Cinéma Marseille

Francia

Calquera sección (longas)

2.000

Calquera sección (curtas)

1.000

CinEspaña Festival du Film Espagnol de Toulouse

Francia

Calquera sección (longas)

1.000

Ficunam Festival Internacional de Cine UNAM

México

Calquera sección (longas)

1.500

Festival Internacional de Cine de Guadalajara

México

Calquera sección (longas)

1.500

La Biennale di Venezia / Mostra Internationale d’Arte Cinematografica (inclúe Settimana della Critica e Giornate degli Autori)

Italia

Sección Oficial a Competición (e fóra de competición)

5.000

Outras seccións (longas)

3.500

Outras seccións (curtas)

2.000

Festa del Cinema di Roma

Italia

Sección oficial a concurso

2.000

Tokyo International Film Festival

Xapón

Sección Oficial Competición

2.500

International Film Festival Rotterdam

Países Baixos

Tiger Awards Competition (Long Features Films)

2.500

Tiger Awards Competition for Short Films

1.500

Outras seccións (longas)

2.000

Outras seccións (curtas)

1.000

International Documentary Film Festival Amsterdam (IDFA)

Países Baixos

Sección Oficial Competición

2.500

Outras seccións (longas)

1.500

Outras seccións (curtas)

1.000

London Film Festival

Reino Unido

Calquera sección (longas)

2.000

Calquera sección (curtas)

1.000

Karlovy Vary International Film Festival

República Checa

Sección Oficial Competición

3.500

Outras seccións (longas)

2.000

Outras seccións (curtas)

1.500

Moscow International Film Festival

Rusia

Sección Oficial Competición

2.500

Festival del Film Locarno

Suíza

Concorso Internazionale

3.500

Outras seccións (longas)

2.500

Outras seccións (curtas)

1.500

Visions du Réel Nion-Festival International du Cinema

Suíza

Outras seccións (longas)

2.000

Outras seccións (curtas)

1.000

Quinta. Gastos subvencionables

1. Serán gastos subvencionables os seguintes:

1.1. Modalidade A.

Gastos derivados da presenza física ou virtual no foro ou mercado dunha persoa por entidade solicitante e en concreto os relativos a desprazamento, aloxamento e rexistro no foro ou mercado, debidamente xustificado con facturas dos provedores dos servizos (establecementos, empresas de transportes ou axencias de viaxe).

Non se consideran gastos subvencionables as axudas de custo, a quilometraxe en vehículos propios e o desprazamento dentro das cidades nas que se celebre o foro ou mercado a excepción dos traslados de aeroporto.

Só se admitirán gastos de desprazamento de liña regulares con tarifas de clase turista e deberá constar na xustificación a acreditación de dito desprazamento

1.2. Modalidade B.

Gastos exclusivamente inherentes á participación de películas galegas nalgún dos certames de premios, festivais ou mostras que se definen na convocatoria, relacionados cos conceptos que se detallan:

1.2.1. Gastos en campañas de publicidade e promoción

1.2.2. Gastos de realización de material promocional (folletos, carteis, carpetas de prensa...).

1.2.3. Gastos de contratación de empresas e profesionais de relacións públicas, organización de accións promocionais ou axentes de prensa para levar a cabo as accións relacionadas coa participación nos eventos.

1.2.4. Gastos de transporte para o envío e retorno do material promocional.

1.2.5. Gastos de desprazamento, aloxamento e axudas de custo do equipo da película, debidamente xustificado con facturas dos provedores dos servizos (establecementos, empresas de transportes ou axencia de viaxes), para un máximo de cinco persoas.

1.2.6. Gastos de tiraxe e/ou subtitulado das copias exixidas para participar en cada evento conforme o seu regulamento.

1.2.7. Gastos varios (ata un 10 % do importe da subvención).

2. De acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, consideraranse gastos subvencionables aqueles que, de xeito indubidable, respondan á realización do proxecto. Só se admitirán aqueles gastos que fosen realizados dentro do período comprendido entre o 16 de novembro de 2021 e un mes despois da realización do evento, e sen exceder o límite máximo do 15 días, e novembro de 2022. En ningún caso os custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor do mercado.

3. De conformidade co artigo 29.7 da Lei de subvencións de Galicia, non serán gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, nin os impostos persoais sobre a renda, os intereses debedores de contas bancarias, os intereses, recargas e sancións administrativas e penais, nin os gastos de procedementos xudiciais.

Sexta. Procedemento, orzamento e imputación de créditos

1. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, por orde de entrada das solicitudes, ata o esgotamento do crédito orzamentario, de acordo co establecido nos artigos 19.2 e 22 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de Subvencións de Galicia.

2. O procedemento administrativo non leva consigo o esgotamento de crédito nun só acto senón que a súa disposición, realizarase en actos sucesivos e non se concederán novas axudas unha vez esgotado o crédito con independencia dunha publicación posterior desde extremo polo órgano xestor, salvo que proceda o previsto no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. O importe global máximo para o financiamento da presente convocatoria será de 50.000 euros, suma que irá con cargo á aplicación orzamentaria do ano 2022, 2022.10.A1.432B.470.0. código de proxecto 2015-00003, distribuídos en 25.000 euros para a modalidade A e 25.000 euros para a modalidade B.

4. O importe previsto nesta convocatoria poderá ser incrementado ao longo do exercicio, nos supostos establecidos no artigo 31.2 da Lei de subvencións de Galicia, e tras declaración previa de dispoñibilidade de crédito, logo da modificación orzamentaria que proceda. Se é o caso, a ampliación de crédito deberase publicar nos mesmos medios que esta convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver.

Sétima. Inicio do procedemento: presentación de solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de maneira presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. En relación coa presentación de solicitudes, as persoas beneficiarias ás cales vai dirixida esta resolución de subvencións, que sexan persoas físicas, encádrase nun colectivo especialmente cualificado en canto á súa capacidade técnica e dedicación profesional que acredita a posibilidade e dispoñibilidade de acceso aos medios electrónicos e, polo tanto, teñen a obriga de empregalos para a realización de calquera trámite deste procedemento administrativo, tal e como establece o artigo 10 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.

Oitava. Prazo de presentación das solicitudes e emenda

1. O prazo para a presentación das solicitudes comezará ao día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, permanecendo aberto ata o esgotamento do crédito e como máximo ata o 1 de novembro de 2022 e deberase presentar unha solicitude para cada evento. Cando o último día do prazo sexa inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte de conformidade co disposto no artigo 30.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. Se a solicitude non estivera debidamente cuberta, non se achegase a documentación exixida ou non se reunisen os requisitos sinalados na normativa da convocatoria ou os que, con carácter xeral, se indican na Lei 39/2015, do 1 de outubro, a persoa interesada será requirida para que no prazo de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte á notificación do requirimento, emende o defecto advertido, a falta detectada ou presente os documentos preceptivos, e indícase ademais que, de non o facer, se considerará que desiste na súa petición, logo de resolución que declarará esta circunstancia e que deberá ser ditada nos termos previstos na lei.

Novena. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I), a seguinte documentación xeral:

1.1. Certificado do acordo de solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine en nome da entidade, se a persoa solicitante é persoa xurídica.

1.2. Estatutos rexistrados e escrituras de constitución validamente inscritas no rexistro mercantil ou o que corresponda.

1.3. Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.

2. Ademais, as solicitudes deberán ir acompañadas da seguinte documentación complementaria:

2.1. Modalidade A. Asistencia a foros de negocio especializados:

2.1.1. Documentación que acredite suficientemente ter realizado o rexistro oficial no foro ou mercado.

2.1.2. Documentación que acredite suficientemente a relación laboral da persoa asistente ao foro ou mercado coa entidade que solicita a axuda.

2.1.3. Orzamento desagregado por evento dos gastos derivados da asistencia ao foro de negocio para os que se solicita a axuda (anexo II).

2.2. Modalidade B. Participación en eventos de cine:

2.2.1. Copia da comunicación da selección por parte da organización do certame de premios, festival ou mostra emitida pola organización en que conste a sección ou a categoría.

2.2.2. Orzamento de gastos da presenza da produción no festival ou mostra (anexo II).

3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados ao efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

6. No caso de que algún dos documentos a presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivera un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Décima. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

– DNI ou NIE da persoa solicitante.

– DNI ou NIE da persoa representante.

– NIF da entidade solicitante.

– Certificado de estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na epígrafe/subepígrafe que corresponda, no exercicio actual.

– Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

– Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

– Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

– Consulta de concesións de subvencións e axudas.

– Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

– Consulta de concesión pola regra de minimis.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Décimo primeira. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, á que se atopen vinculadas, previo requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I.

Décimo segunda. Trámites administrativos posteriores

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar trala presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Décimo terceira. Instrución do procedemento

1. Na concesión das subvencións seguirase un procedemento abreviado en que o informe e a proposta de resolución serán efectuados por un único acto pola Dirección da Axencia, elevándoos á Presidencia da Agadic para a súa aprobación posterior, consonte o procedemento previsto nos artigos 19.2 e 22 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. As solicitudes de subvención examinaranse e serán outorgadas sempre que cumpran os requisitos exixidos nesta convocatoria por orde cronolóxica, tendo en conta a data de entrada no rexistro.

2. Ao se tratar dunha convocatoria aberta que dispón do crédito vixente en actos sucesivos de adxudicación, a Agadic publicará no DOG o esgotamento da partida orzamentaria asignada, así como a non admisión de ulteriores solicitudes destinadas a participar dos tipos de subvención indicados. Desde o momento en que se esgote o crédito orzamentario non serán outorgadas novas subvencións, sen prexuízo do cumprimento do disposto no artigo 31.4 da Lei de subvencións de Galicia.

3. A Dirección da Agadic, directamente ou a través dos seus servizos administrativos, actuará como órgano instrutor do procedemento, nos termos previstos no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e correspóndelle realizar de oficio cantas actuacións considere necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos que se debe pronunciar a resolución. En particular, terá atribuídas especificamente as seguintes funcións:

1º. Examinar as solicitudes e documentación presentadas.

2º. Requirir das persoas solicitantes a emenda ou achega da documentación que resultase de obrigado cumprimento.

3º. Formular a proposta de resolución, debidamente motivada.

4. Co fin de facilitar unha mellor verificación das solicitudes, poderáselles pedir datos e información complementaria ou aclaratoria necesaria ás persoas interesadas, as persoas profesionais expertas así como a outros servizos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. En todo caso, a dirección da Agadic poderá requirir as persoas solicitantes para que proporcionen calquera información aclaratoria que resulte necesaria para a xestión da súa solicitude.

Sen prexuízo das facultades que teñan atribuídas outros órganos da Administración do Estado ou da Comunidade Autónoma, a Dirección da Agadic e as unidades administrativas encargadas da tramitación e seguimento do expediente respectivo poderán comprobar, en todo momento, a aplicación das subvencións concedidas para os fins programados, e levarán a cabo as funcións de control, así como de avaliación e seguimento dos labores e demais actuacións que derivasen destas bases. Para estes efectos, as persoas beneficiarias deberán cumprir coas obrigas de comprobación que se establezan nesta resolución e na de concesión da subvención. Para realizar estas funcións, poderanse utilizar cantos medios estean á disposición da Dirección da Agadic para comprobar o cumprimento dos requisitos exixidos nesta resolución e na restante normativa vixente que resulte de aplicación

 Décimo cuarta. Resolución da convocatoria

1. Unha vez instruído o procedemento, o órgano instrutor, á vista do expediente e da documentación requirida, ditará as propostas de resolución das solicitudes recibidas con indicación do importe económico proposto, e irá elevando á Presidencia da Agadic cada unha delas.

2. A Presidencia do Consello Reitor da Agadic, por delegación do Consello Reitor (disposición adicional do Acordo do 24 de xullo de 2012 (DOG núm. 164), deberá ditar resolución expresa no prazo de 15 días desde a data de elevación da proposta de resolución.

A citada resolución deberase ditar e notificar no prazo máximo de tres meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria pública no Diario Oficial de Galicia, será motivada e fará mención expresa dos beneficiarios e da contía da axuda.

Se transcorrese o prazo máximo para resolver sen terse ditado resolución expresa, as persoas interesadas poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

Deberá comunicarse por escrito as persoas interesadas o importe da axuda (en equivalente bruto de subvención) e o seu carácter de axuda de minimis exenta en aplicación do Regulamento (UE) nº 1407/2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

Décimo quinta. Réxime de recursos

A resolución da convocatoria porá fin á vía administrativa e contra ela poderanse interpoñer os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante a Presidencia do Consello Reitor da Agadic, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa.

Décimo sexta. Notificacións de resolucións

1. As notificacións de resolucións e os actos administrativos efectuaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas efectuaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta a disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderá de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento no que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Décimo sétima. Aceptación da subvención

Unha vez notificada a resolución, os beneficiarios comunicarán á Agadic a aceptación por escrito da subvención concedida no prazo máximo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da notificación da resolución de concesión. Transcorrido este prazo sen comunicarse esta aceptación ou sen producirse manifestación expresa, entenderase como tacitamente aceptada.

Décimo oitava. Xustificación e liquidación da subvención

1. Os prazos máximo de xustificación da subvención serán dun mes desde a data de notificación de concesión da subvención coas seguintes datas de remate:

– Ata o 10 de outubro de 2002 para aqueles eventos que teñan lugar ata o 30 de setembro de 2022.

– Ata o 20 de novembro de 2022 para aqueles eventos que teñan lugar entre o 1 de outubro de 2022 e o 15 de novembro de 2022.

Transcorrido este prazo sen que se presente a xustificación, requirirase as persoas beneficiarias para que a presenten no prazo improrrogable de dez días. A falta de xustificación neste prazo comportará a perda do dereito ao cobramento da subvención, a obriga do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

2. A documentación xustificativa da subvención incluirá o custo total da actividade subvencionada e achegaranse os documentos que se especifican nos apartados seguintes:

2.1. Modalidade A. Subvencións para a foros de negocio especializados.

2.1.1. Memoria de actuación que xustifique o cumprimento das condicións exixidas nestas bases reguladoras, con indicación das actividades realizadas e, de ser o caso, dos resultados obtidos debendo constar como contido mínimo:

– Títulos dos proxectos audiovisuais ou obras rematadas obxecto da participación.

– Número de reunións celebradas no mercado ou foro.

– Relación de países cos que se activaron relacións profesionais e de negocio.

2.1.2. Memoria económica abreviada co contido seguinte: estado representativo dos gastos incorridos nas actividades subvencionadas, con identificación do acredor e do documento, o seu importe, data de emisión e data de pagamento. Deberá indicarse expresamente a que conceptos subvencionables corresponden as facturas presentadas. No caso de que a subvención se outorgue de acordo a un orzamento, indicaranse as desviacións producidas. A memoria deberá incluír un orzamento con IVE e outro sen IVE.

2.1.3. Facturas ou documentos, de acordo co establecido no artigo 6 do Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación, orixinais ou copias, de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil e con eficacia administrativa, e documentos xustificativos do seu pagamento mediante extractos ou certificacións bancarias debidamente identificados, selados e asinados pola persoa beneficiaria, orixinais ou copias, incorporados na mesma orde que na relación a que se fai referencia no parágrafo anterior.

2.2. Modalidade B. Subvencións para a participación en eventos de cine.

2.2.1. Memoria de actuación que xustifique o cumprimento das condicións exixidas nestas bases reguladoras, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos.

2.2.2. Memoria económica abreviada co contido seguinte: estado representativo dos gastos en que se incorra nas actividades subvencionadas, con identificación do acredor e do documento, o seu importe, a data de emisión e a data de pagamento. Deberase indicar expresamente a que conceptos subvencionables corresponden as facturas presentadas. No caso de que a subvención se outorgue de acordo cun orzamento, indicaranse as desviacións producidas. A memoria deberá incluír un orzamento con IVE e outro sen IVE.

2.2.3. Facturas ou documentos, de acordo co establecido no artigo 6 do Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación, orixinais ou copias, de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico-mercantil e con eficacia administrativa, e documentos xustificativos do seu pagamento mediante extractos ou certificacións bancarias debidamente identificados, selados e asinados pola persoa beneficiaria, orixinais ou copias, incorporados na mesma orde que na relación a que se fai referencia no parágrafo anterior.

2.2.4. Copia en formato electrónico dos contidos das actuacións realizadas obxecto de axuda (insercións, folletos, catálogos, fotografías, proxectos, acordos e demais documentación acreditativa).

3. De ser o caso, achegarase a tradución dos documentos xustificativos escritos en lingua estranxeira a calquera das dúas linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia xunto cunha declaración responsable de que son un verdadeiro reflexo da realidade.

Décimo novena. Pagamento

1. O pagamento das axudas farase efectivo a partir da data da resolución definitiva de concesión e realizarase sempre e cando se acredite que a actividade foi executada de acordo co proxecto presentado e se xustifique correctamente o seu emprego.

2. Non se poderá realizar en ningún caso o pagamento da subvención outorgada en canto a persoa beneficiaria non figure ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias estatais, autonómicas e da Seguridade Social, sexa debedora en virtude de resolución declarativa da procedencia de reintegro ou teña algunha outra débeda pendente, por calquera concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma galega, estando autorizada a Agadic para proceder á comprobación e conseguinte verificación destes datos, sen prexuízo do establecido na base décima das presentes bases.

3. Será requisito necesario para o pagamento da subvención outorgada a entrega dunha declaración comprensiva de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas para a mesma finalidade das administracións públicas competentes ou doutros entes públicos e privados, así como das axudas concedidas en réxime de minimis ou, de ser o caso, declaración de que non solicitou ou percibiu outros ingresos ou subvencións (anexo III).

Vixésima. Obrigas das persoas beneficiarias

Son obrigas das persoas ou entidades beneficiarias as sinaladas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e, en concreto, cumprirán coas seguintes obrigas:

a) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, ingresos, axudas ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera das administracións públicas ou entes públicos autonómicos, nacionais ou internacionais, así como calquera outra modificación das circunstancias que no seu día foron tidas en conta para a súa concesión, e dos compromisos e das obrigas asumidos polas persoas beneficiarias. Esta comunicación deberase efectuar no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos (anexo III).

b) Levar a cabo a actividade subvencionada de acordo co proxecto presentado.

c) Proporcionar información sobre a participación e actividades que se van desenvolver nos eventos obxecto da convocatoria, de cara a accións de difusión e promoción do audiovisual galego.

d) Proporcionar en todo momento a información que sexa solicitada respecto da subvención concedida e someterse ás actuacións de comprobación da Agadic, da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, segundo o establecido no título III da Lei 9/2007, ou do Consello de Contas ou Tribunal de Contas, segundo a súa normativa.

e) A persoa beneficiaria deberá dar cumprimento ás obrigas de publicidade que se establecen no artigo 18 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, modificado polo artigo 30 da Lei estatal 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa.

f) Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, para o contrato menor, a persoa beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes empresas, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren, ou salvo que o gasto se fixese antes da solicitude da subvención.

g) Xustificará os gastos de conformidade co disposto no artigo 42 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións.

h) Outras obrigas previstas na normativa de subvencións.

Vixésimo primeira. Modificación da resolución

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente doutras subvencións, axudas ou recursos –ou doutras achegas fóra dos casos permitidos nas normas reguladoras–, poderá dar lugar á modificación da resolución inicial de concesión e, eventualmente, á súa perda do dereito á obtención da axuda nos termos establecidos na súa normativa reguladora, e poderá, en tal caso, a Agadic proceder á reclamación e conseguinte reintegro, total ou parcial, da suma concedida á compañía adxudicataria nos termos anteriormente estipulados.

2. Procederá a nulidade e revogación das subvencións concedidas, así como o reintegro total ou parcial das contías percibidas e a exixencia do xuro de demora correspondente desde o momento do pagamento da subvención ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro, nos supostos de incumprimento das obrigas anteriormente sinaladas, nos casos e termos establecidos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como polo título V do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e, en particular, polo incumprimento de calquera dos requisitos e das obrigas estipulados nesta convocatoria pública.

Vixésimo segunda. Perda de dereito á subvención e reintegro

1. O incumprimento das obrigas contidas nestas bases reguladoras, na convocatoria ou na demais normativa aplicable, así como das condicións que, de ser o caso, se establezan na resolución de concesión, darán lugar á obriga de devolver total ou parcialmente as subvencións percibidas, así como os xuros de demora desde o momento do pagamento da subvención ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro, nos casos e termos establecidos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como polo título V do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e, en particular, polo incumprimento de calquera dos requisitos e das obrigas estipulados nesta convocatoria pública.

2. Producirase a perda do dereito ao cobramento da subvención no suposto de falta de xustificación do cumprimento do proxecto, das condicións impostas na resolución de concesión, das obrigas contidas nestas bases reguladoras, das obrigas contidas no artigo 33 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, ou na demais normativa aplicable, o que dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente o anticipo percibido, así como os xuros de demora correspondentes.

3. O procedemento para declarar a procedencia da perda do dereito de cobramento da subvención e para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior será o establecido no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. Procederá a perda total do dereito ao cobramento da axuda concedida, sen prexuízo da incoación do oportuno expediente sancionador, nos seguintes casos:

a) Obter a subvención sen reunir as condicións requiridas.

b) Non comunicar á Agadic a obtención doutras subvencións ou axudas para o mesmo custo subvencionable.

c) Non comunicar á Agadic a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención.

d) Non xustificar ante a Agadic o cumprimento dos requisitos e das condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o desfrute da subvención.

e) Non permitir someterse ás actuacións de comprobación que efectúe a Agadic, así como calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, nomeadamente a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

f) Non dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso.

g) Non acreditar estar ao día nas obrigas fiscais, coa Seguridade Social e coa Comunidade Autónoma.

5. Procederá a perda parcial do cobramento da subvención o incumprimento parcial, entendendo por este sempre que se cumpran os requisitos ou as condicións esenciais tomadas en conta na concesión das axudas. A Agadic poderá apreciar un incumprimento parcial e deberá resolver sobre o seu alcance, aplicando a mesma ponderación que tivese a condición incumprida na resolución de concesión e, se é o caso, establecendo a obriga de reintegro.

6. Ás persoas beneficiarias das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Vixésimo terceira. Control

1. A Axencia Galega das Industrias Culturais poderá facer as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento do obxectivo das subvencións.

2. A Axencia Galega das Industrias Culturais, polos medios que considere, poderá realizarlles en calquera momento ás persoas beneficiarias as visitas, comprobacións e solicitudes de aclaracións que considere necesarias para o desenvolvemento correcto das actuacións financiadas, así como para acreditar o cumprimento das medidas de publicidade de orixe dos fondos. Se se constata unha incorrecta utilización dos fondos ou o desvío dos obxectivos, propoñerase o reintegro da subvención concedida.

3. Ademais do anterior, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercido pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Así mesmo, estarán sometidas ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

Vixésimo cuarta. Normativa aplicable

1. A normativa aplicable a estas subvencións axustarase ao disposto na presente resolución pola que se aproban as bases para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a comercialización e difusión de proxectos e obras audiovisuais galegas en foros de negocio especializados e eventos de cine que se celebran fóra de Galicia, e se convocan para o ano 2022; á Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; ao Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións, e, supletoriamente, á Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como aos preceptos básicos do Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei xeral de subvencións; á Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; á Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais; á Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia; á Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cine, e ao Real decreto 1084/2015, do 4 de decembro, que a desenvolve, modificado polo Real decreto 1090/2020, do 9 de decembro, e demais normativa de xeral aplicación.

Vixésimo quinta. Medidas antifraude

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que puidesen ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total o parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco da presente convocatoria poderá poñer os feitos en coñecemento do Servicio Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención General de la Administración del Estado, por medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto:

https://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2014-2020/medidas-antifraude/snca-olaf

A detección de irregularidades pode implicar a aplicación de correccións financeiras e a solicitude de devolución dos importes percibidos indebidamente.

Vixésima sexta. Publicidade

No prazo máximo de tres meses, contados desde a data de resolución da concesión, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas con indicación da norma reguladora, persoa beneficiaria, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

Non obstante o anterior, cando os importes das subvencións concedidas, individualmente consideradas, sexan de contía inferior a 3.000 euros, non será necesaria a publicación no Diario Oficial de Galicia, e será substituída pola publicación das subvencións concedidas na páxina web da Agadic.

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2022

Román Rodríguez González
Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega
das Industrias Culturais

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file