De acordo co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de tentada a notificación persoal, emprázanse as persoas interesadas identificadas no anexo para seren notificadas por comparecencia das resolucións administrativas derivadas dos procedementos indicados no anexo.
As persoas interesadas ou as súas representantes deberán comparecer para ser notificadas no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, ante esta Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, como órgano competente para a tramitación dos citados procedementos, sita en Santiago de Compostela, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 1, 2º piso, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
As notificacións pendentes tamén poderán obterse mediante comparecencia no Sistema de notificacións de Galicia (https://notifica.xunta.gal/notificaciones/portal/login), se se dispón de Chave365 ou certificado dixital.
Transcorrido o dito prazo sen comparecer, a notificación entenderase producida para todos os efectos legais desde o día seguinte ao vencemento do prazo indicado.
Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2022
Jesús Manuel Álvarez Bértolo
Director xeral de Centros e Recursos Humanos
ANEXO
Persoa interesada |
Procedemento |
Barbeito Roibal, Mª Cristina |
Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII Convenio colectivo) |
Barros Seijo, María |
Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII Convenio colectivo) |
Gómez Iglesias, José Mª |
Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII Convenio colectivo) |
Lastra López, Enrique |
Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII Convenio colectivo) |
Casas de Seixas, Walter Manuel |
Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII Convenio colectivo) |
Villarino Ares, Mª Isaura |
Paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VII Convenio colectivo) |
Cesir, Rusmin |
Homologación/validación de estudos estranxeiros non universitarios |
Echeverry Pereira, Andrés |
Homologación/validación de estudos estranxeiros non universitarios |
Martins Siqueira, Cristianne |
Homologación/validación de estudos estranxeiros non universitarios |
Maneiro Maneiro, Laura |
Homologación/validación de estudos estranxeiros non universitarios |