Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 30 de setembro de 2022 Páx. 51994

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 27 de setembro de 2022 pola que se amplían o prazo de xustificación dos investimentos e a dotación orzamentaria establecidos na Orde do 30 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios do período 2014-2020, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2022 (código de procedemento MR340A).

A Orde do 30 de decembro de 2021 (publicada no DOG do 7 de febreiro de 2022) establece as bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios do período 2014-2020 cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2022.

No seu artigo 14 (resolución), indícase que a data máxima para xustificar o investimento, incluídos a súa facturación e pagamento efectivo, así como a presentación da documentación necesaria para tramitar o cobramento da subvención correspondente, non poderá superar en cada anualidade a data do 10 de outubro.

A crise de subministracións industriais existente a nivel mundial causada pola inestabilidade do comercio internacional, condicionado pola saída da pandemia da COVID-19 e o recente conflito no leste de Europa, está afectando os prazos de entrega de maquinaria e bens de equipo contratados polas industrias agroalimentarias. Esta circunstancia dificulta o cumprimento dos prazos de execución de investimentos declarados polas empresas que solicitaron axudas, en particular para a execución dos investimentos previstos para a anualidade de 2022.

Debido ao indicado, considerase conveniente na convocatoria de axudas para 2022 ampliar o prazo de xustificación dos investimentos da anualidade 2022.

Por outra parte, no artigo 34 «Financiamento» da referida orde, relativo ao financiamento destas axudas, detállase no seu punto 1 a aplicación orzamentaria destinada a financiar as subvencións da convocatoria, así como o importe económico previsto para cada un dos exercicios orzamentarios establecidas. Neste artigo sinálase ademais que os importes indicados poderanse incrementar nos supostos previstos no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

A xeración do crédito correspondente permite a ampliación dos fondos inicialmente previstos, ademais esta ampliación é necesaria á vista das solicitudes de subvención presentadas.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Ampliación do prazo de xustificación de investimentos da anualidade 2022

A data máxima para xustificar os investimentos subvencionados mediante a Orde do 30 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios do período 2014-2020 cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2022 (código de procedemento MR340A), correspondentes á anualidade 2022, incluídos a súa facturación e pagamento efectivo, así como a presentación da documentación necesaria para tramitar o cobramento da subvención correspondente, será o día 10 de novembro de 2022.

Artigo 2. Ampliación da dotación orzamentaria

Amplíase a dotación orzamentaria destinada a financiar as subvencións que se establece na Orde do 30 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios do período 2014-2020 cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2022 (código de procedemento MR340A), nos seguintes importes:

Concepto orzamentario

Código de proxecto

Anualidade 2022 (€)

Anualidade 2023 (€)

Anualidade 2024 (€)

14.04.741A.770.0

201600195

3.332.784

5.393.882

2.841.490

Conforme iso, a dotación orzamentaria para as anualidades 2022, 2023 e 2024 do proxecto 201600195 destinado a financiar as subvencións desta orde é a seguinte:

Concepto orzamentario

Código de proxecto

Anualidade 2022 (€)

Anualidade 2023 (€)

Anualidade 2024 (€)

14.04.741A.770.0

201600195

14.332.784

17.893.882

6.341.490

Artigo 3. Prazo de solicitude

As modificacións introducidas nesta orde non afectan o prazo de presentación de solicitudes establecido na Orde do 30 de decembro de 2021 citada.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2022

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural