Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Venres, 30 de setembro de 2022 Páx. 52513

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 16 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, de notificación de resolucións de modificación de acordo a causa da revisión cartográfica e documental da zona de concentración parcelaria de Mourazos-Tamagos-Tamaguelos (Verín, Ourense).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

No prazo de dez (10) días, desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no BOE, as persoas interesadas citadas no anexo poderán comparecer nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural (rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6, baixo) en Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para coñecer o texto íntegro do acto que se notifica.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación.

Para garantir unha atención adecuada, con anterioridade á referida comparecencia deberá concertar previamente unha cita no teléfono 988 38 64 89.

Ourense, 16 de setembro de 2022

Luis Jorge Álvarez Ferro
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Interesada/o

Nº de prop.

Acto que se notifica

34724260-X

42

Resolución do 13 de xullo de 2022

34722529-G

233

Resolución do 13 de xullo de 2022

34717404-P

267

Resolución do 13 de xullo de 2022

34705526-K

282

Resolución do 13 de xullo de 2022