En aplicación do disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (última redacción dada pola Lei 9/2017, de medidas fiscais e administrativas), procedemos á publicación da referencia do expediente e da referencia catastral dunha parcela en situación de risco de incendio, por resultar descoñecido o enderezo do titular, co fin de poder continuar co procedemento previsto na normativa, para garantir a protección de vivendas e núcleos habitados fronte aos incendios forestais, advertindo expresamente da execución subsidiaria por parte do Concello, de acordo co disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.
O texto íntegro da orde de execución atópase á disposición dos interesados no Servizo de Urbanismo do Concello de Oia.
Expediente |
Polígono-parcela-lugar |
Interesado |
Referencia catastral |
Xestiona 1330/2022 Urb. 49/2022 |
Polígono 39, parcela 714 |
M.A.A. (enderezo descoñecido) |
36036A039007140000QW |
En todo caso, o cómputo dos prazos comenzará a contar a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Oia, 26 de setembro de 2022
Carmen María Estévez Adrover
Alcaldesa en funcións