Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Xoves, 29 de setembro de 2022 Páx. 51729

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se fai pública a relación de centros que conformarán a Rede galega de dinamización da relación con empresas na FP no curso 2022/23, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Pola Resolución do 8 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Formación Profesional (DOG núm. 136, do 18 de xullo), convocouse a selección de centros que participarán na Rede galega de dinamización da relación con empresas na FP no curso 2022/23 e ditáronse instrucións para o seu funcionamento, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

O artigo noveno da resolución da convocatoria establece que o director xeral de Formación Profesional ditará unha resolución que conteña a relación de centros seleccionados para conformar a Rede galega de dinamización da relación con empresas na FP no curso 2022/23 e que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

En virtude do exposto anteriormente,

RESOLVO:

Primeiro. Publicar a relación de centros seleccionados para conformar a Rede galega de dinamización da relación con empresas na FP no curso 2022/23, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Segundo. Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2022

José Luis Mira Lema
Director xeral de Formación Profesional

ANEXO

Centros seleccionados para conformar a Rede galega de dinamización da relación con empresas na FP no curso 2022/23

Localidade

Código do centro

Centro

A Coruña

15022607

CIFP Ánxel Casal-Monte Alto

15027800

CIFP Imaxe e son

15027897

CIFP Paseo das Pontes

15024513

CIFP Someso

15005749

CIFP Universidade Laboral

15027770

IES A Sardiñeira

15005397

IES Fernando Wirtz Suárez

A Estrada

36002359

IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez

As Pontes de García Rodríguez

15021767

IES Plurilingüe Castro da Uz

Carballo

15002591

IES Monte Neme

Cee

15003224

IES Fernando Blanco

Ferrol

15006754

CIFP Ferrolterra

15021469

CIFP Leixa

15006778

CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro

Lugo

27006516

CIFP Politécnico de Lugo

27006528

CIFP As Mercedes

Monforte de Lemos

27015311

IES A Pinguela

O Carballiño

32015037

IES Manuel Chamoso Lamas

Ourense

32008902

CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel

32015050

CIFP A Farixa

32016765

CIFP Portovello

32009131

IES Universidade Laboral

Ponteareas

36007552

CIFP A Granxa

Pontedeume

15025682

CIFP Fraga do Eume

Pontevedra

36014489

CIFP A Xunqueira

36020064

CIFP Carlos Oroza

Ribadeo

27020793

CIFP Porta da Auga

Ribeira

15014556

CIFP Coroso

Santiago de Compostela

15016000

CIFP Compostela

15015767

CIFP Politécnico de Santiago

Verín

32013582

IES García Barbón

Vigo

36013448

CIFP Manuel Antonio

36014568

CIFP Valentín Paz Andrade

36011634

IES Politécnico de Vigo

Vilagarcía de Arousa

36013771

IES Fermín Bouza Brey

Vilamarín

32016285

IES de Vilamarín