Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 28 de setembro de 2022 Páx. 51697

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

CORRECCIÓN DE ERROS. Anuncio do 20 de xullo de 2022 polo que se acorda deixar aberto, durante un período de tres meses, o procedemento de alleamento en poxa pública para a venda de determinados inmobles.

Advertidos erros no devandito anuncio, publicado no Diario Oficial de Galicia número 147, do 3 de agosto de 2022, procede facer as seguintes correccións:

Na páxina 42595, onde di:

«As ofertas presentaranse por escrito, deberán recoller o nome, DNI, domicilio e teléfono de contacto e deberán ir acompañadas do xustificante acreditativo do depósito do 25 % do prezo ofrecido mediante ingreso en metálico na conta que o Igape mantén aberta na entidade BBVA núm. ES83 2080 0388 2731 1000 0584.».

Debe dicir:

«As ofertas presentaranse por escrito. Deberán recoller o nome, DNI, domicilio e teléfono de contacto e deberán ir acompañadas do xustificante acreditativo do depósito do 25 % do prezo ofrecido mediante ingreso en metálico na conta que o Igape mantén aberta na entidade Abanca número ES83 2080 0388 2731 1000 0584.».

Na páxina 42595, onde di:

«Serán rexeitadas as propostas presentadas fóra de prazo, as que no alcancen o prezo mínimo fixado, as que non veñan acompañadas do xustificante da Caixa Xeral de Depósitos e aquelas con condicións ou que de forma clara non permitan determinar a oferta de compra.».

Debe dicir:

«Serán rexeitadas as propostas presentadas fóra de prazo, as que no alcancen o prezo mínimo fixado, as que non veñan acompañadas do xustificante do depósito do 25 % do prezo ofertado e aquelas con condicións ou que de forma clara non permitan determinar a oferta de compra.».