De conformidade co disposto no artigo 24.2 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselles publicidade ás seguintes resolucións:
Instalación: fábrica de pensos compostos e planta de transformación de leite e derivados |
Procedemento: modificación non substancial |
Titular: Cooperativas Lácteas Unidas, S.C.G. Titular: Neo Ames, S.L.U. |
Núm. rexistro AAI: 2007/0059_NAA/IPPC_115 |
Localización: concello de Ames (A Coruña) |
Expediente: 2022-IPPC-M-89 |
Instalación: planta de elaboración de ferraxes e fixacións |
Procedemento: modificación do plan de vixilancia ambiental |
Titular: Industrial Recense, S.L. |
Núm. rexistro AAI: 2006/0359_NAA/IPPC_068 |
Localización: concello da Pontenova (Lugo) |
Instalación: explotación porcina de porcos de ceba |
Procedemento: corrección de erros |
Titular: Manuel Fonseca Díaz |
Núm. de rexistro AAI: 2008/0161_NAA/IPPC_242 |
Localización: O Valadiño, concello de Sandiás (Ourense) |
Expediente: 2019-IPPC-M-088 |
Instalación: planta de brillo químico e coloreado orgánico do aluminio |
Procedemento: modificación do plan de vixilancia ambiental por cesamento temporal da actividade |
Titular: Aluminios Cortizo, S.A. |
Núm. de rexistro: 2004/0264_AIA/IPPC_089 |
Localización: concello de Padrón (A Coruña) |
Estas resolucións poderán consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).
Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2022
María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático