Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 28 de setembro de 2022 Páx. 51686

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 12 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente sancionador SAN-PO-0030-2022-MP e cinco máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícanse ás persoas interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os actos administrativos sinalados no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia dos actos notificados quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Mª Victoria Moreno, nº 43, Edificio Administrativo, 2º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen compareceren, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Pontevedra, 12 de setembro de 2022

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Denunciado

Acto de notificación

SAN-PO-0030/2022-MP

35491446P

Proposta de resolución

SAN-PO-0043/2022-IA

77407301L

Acordo de incoación

INC-PO-0035/2022-VNA

35216732Y

Proposta de resolución

INC-PO-0042/2022-BIO

36098933L

Acordo de incoación

INC-PO-0048/2022-LSA

35548569E

Acordo de incoación

SPA-PO-0006/2022-CU

35449106B

Resolución