Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 28 de setembro de 2022 Páx. 51692

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 13 de setembro de 2022, do Servicio Provincial de Pontevedra, polo que se notifica o levantamento de actas previas á ocupación ao non se poderen efectuar as correspondentes notificacións no expediente de expropiación forzosa para a obra de clave PO/15/025.06.

Para os efectos de coñecemento dos interesados, resultando infrutuosos os intentos de notificación e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio notificase ás persoas sinaladas no anexo o levantamento de actas previas á ocupación do expediente expropiatorio polas obras de mellora da PO-315, treito pp.qq. 10+100 ao 10+380 e no contorno do p.q. 13+500, de clave PO/15/025.06, que terán lugar na Casa do Concello de Cangas o día 5 de outubro de 2022.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre bens afectados, por si mesmas ou representadas por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade que invocan.

As persoas poden tomar vista do expediente no Servicio Provincial de Pontevedra sito na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 1º, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 13 de setembro de 2022

Manuel Ángel González Juanatey
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra

ANEXO

Predio

Ref. catastral

Persoa interesada

Día

Hora

1

36008A028001640000JS

Roca de Togores Rodríguez de Mesa, Hros. de María Fuencisla

5.10.2022

10.00

1

36008A028001640000JS

Gil González de Careaga, Hros. de Ramón Javier

5.10.2022

10.00

5

36008A050005350000JB

Vidal Piñeiro, Juan José

5.10.2022

11.00

6

36008A050005340000JA

Vidal Piñeiro, Juan José

5.10.2022

11.15