Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 27 de setembro de 2022 Páx. 51524

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2022/305-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: recuamento LMT SDM704 e CS Camiño dos Carreiros.

Situación: Vigo.

Características técnicas: liña de media tensión aérea (LMTA) a 15 kV con condutor tipo LAC-28 de 16 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-2000/12 (punto 6) e final no apoio existente 9X6708UJ//6-1 (retensado). Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV con condutor tipo RHZ en catro actuacións:

1. 30 metros, con orixe na cela de liña do centro de seccionamento (CS) Camiño Vello e final no apoio proxectado C-2000/12 (pto. 6).

2. 896 metros, con orixe na cela de liña do CS Camiño Vello e final na cela de liña do CS proxectado.

3. 12 metros, con orixe na cela de liña do CS proxectado e final na LMTS existente SDM7040362 (nó D).

4. 12 metros, con orixe na cela de liña do CS proxectado e final na LMTS existente SDM7040362 (nó E).

Centro de seccionamento compacto manobra exterior, 3L+TT, emprazado na parcela con referencia catastral 54057A072004300000AR. As instalacións están situadas no Camiño Vello, estrada Miraflores e Camiño dos Carreiros, Sárdoma, no concello de Vigo.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 5 de setembro de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2022/305-4.

Denominación: recuamento LMT SDM704 e CS Camiño dos Carreiros.

Concello: Vigo.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio

Afeccións

m2

ml sub.

m2 aér.

m2 sub.

1

Sárdoma

Urbano

4044915NG2744S0001SD

General Hormigones, S.A.

1

1,21

3,06

908

2

Pousa

Rústico

54057A072004300000AR

María Rosario Vila Fernández

CS

13,78

3,00

12,39