En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.
Denominación: regulamentación LMTA CEL807-apoio núm. 55.
Situación: lugar de Rubiás-A Bola (Ourense).
Características principais recollidas no proxecto:
– Reforma da LMTA CEL807, a 20 kV, no tramo comprendido entre os apoios núm. 49 e núm. 58 coa substitución, por deterioración, de 9 apoios tipo HV por apoios de celosía metálica, e cambio do condutor actual a LA-56.
O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.
Documentación que se expón:
1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, colexiado número 1534 do ICOIIG, o 7.6.2022.
2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.
3. Planos parcelarios do proxecto.
O que se fai público, para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.
Toda a documentación poderase examinar na Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Ourense, rúa Curros Enríquez, nº 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da Consellería:
http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica
Ourense, 2 de setembro de 2022
Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Relación de bens e de dereitos afectados
Núm. de expediente: IN407A 2022/142-3.
Situación: lugar de Rubiás, concello da Bola (Ourense).
Denominación: regulamentación LMTA CEL807-apoio núm. 55.
Predio núm. en proxecto: 4.
Lugar: Lamela.
Cultivo: matogueira.
Titular: Hortensia Fernández Cid.
Afeccións: apoio 53, superficie de ocupación de 2 m².