No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 209, do 12.9.2022, publícanse integramente as bases do proceso selectivo para a provisión, como funcionario de carreira, de tres prazas incluídas na oferta de emprego público do ano 2022 como administrativo de Administración xeral, promoción interna, polo sistema de concurso-oposición.
De conformidade co previsto nas referidas bases, o prazo para presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios realizaranse na sede electrónica da web municipal: https://sarria.sedelectronica.es
Sarria, 21 setembro de 2022
Claudio Melquiades Garrido Martínez
Alcalde