No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 202, do 3 de setembro de 2022, foron publicadas integramente as bases da convocatoria para a selección de catro auxiliares de axuda no fogar como persoal laboral fixo, mediante concurso-oposición libre (proceso de estabilización de emprego temporal), grupo (equivalencia): A.P.
O prazo de presentación de instancias será de 20 días hábiles e iniciarase o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.
Guitiriz, 5 de setembro de 2022
Marisol Morandeira Morandeira
Alcaldesa