Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 27 de setembro de 2022 Páx. 51498

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2022 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de Farmacoloxía.

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade mediante a Resolución do 23 de maio de 2022 (BOE do 2 de xuño), para a provisión da praza número 22/018 de profesora titular de universidade da área de coñecemento de Farmacoloxía, departamento de Ciencias da Saúde desta universidade, a favor de Lucía Núñez Fernández, con DNI núm. ***4278**, e unha vez que a persoa interesada acreditou os requisitos establecidos na convocatoria, esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Lucía Núñez Fernández profesora titular de universidade da área de coñecemento de Farmacoloxía, departamento de Ciencias da Saúde desta universidade.

No prazo máximo de vinte días, contados desde o día siguiente ao da publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, a persoa candidata deberá tomar posesión do seu destino.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpor un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderá interpor un recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 14 de setembro de 2022

Julio Ernesto Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña