Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 27 de setembro de 2022 Páx. 51312

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2022.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade nos meses de maio a agosto de 2022, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2022

José Ramón Pardo Cabarcos
Secretario xeral técnico da Consellería de Promoción
do Emprego e Igualdade

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Promoción
do Emprego e Igualdade nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2022

Convenio

Data de sinatura

Importe total

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e a Asociación Clúster TIC de Galicia para a realización de accións formativas de cualificación e recualificación da poboación activa en sectores estratéxicos e mellora das capacidades para a transición ecolóxica no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia

5.5.2022

1.819.890 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e o Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga) para a realización de accións formativas de cualificación e recualificación da poboación activa en sectores estratéxicos e mellora das capacidades para a transición ecolóxica no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia

11.5.2022

263.048 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e a Asociación Clúster do Naval Galego (Aclunaga) para a realización de accións formativas de cualificación e recualificación da poboación activa en sectores estratéxicos e mellora das capacidades para a transición ecolóxica no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia

5.5.2022

237.296 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e o Clúster das Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal) para a realización de accións formativas de cualificación e recualificación da poboación activa en sectores estratéxicos e mellora das capacidades para a transición ecolóxica no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia

11.5.2022

351.360 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e a Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia (Asime) para a realización de accións formativas de cualificación e recualificación da poboación activa en sectores estratéxicos e mellora das capacidades para a transición ecolóxica no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia

11.5.2022

775.224 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e a Asociación Bioga-Clúster Tecnolóxico Empresarial de Ciencias da Vida (Bioga) para a realización de accións formativas de cualificación e recualificación da poboación activa en sectores estratéxicos e mellora das capacidades para a transición ecolóxica no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia

20.7.2022

41.440 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao para a realización de accións formativas de cualificación e recualificación da poboación activa no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia

20.7.2022

219.960 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Fundación Laboral da Construción de Galicia para a realización de accións formativas de cualificación e recualificación da poboación activa en sectores estratéxicos e mellora das capacidades para a transición ecolóxica no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia

13.7.2022

624.768 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Federación Galega de Comercio para a realización de accións formativas de cualificación e recualificación da poboación activa en sectores estratéxicos e mellora das capacidades para a transición ecolóxica no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia

13.7.2022

725.920 €

1ª addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga) para a realización de accións formativas de cualificación e recualificación da poboación activa en sectores estratéxicos e mellora das capacidades para a transición ecolóxica no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia

20.7.2022

675.381 €

Addenda de prórroga e modificación do convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Deputación Provincial da Coruña para a acreditación da formación impartida pola Deputación Provincial da Coruña no marco do proxecto PEL Emprego Sustentable no Ámbito Rural, cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través do programa operativo de emprego, formación e educación (AP_POEFE)

4.8.2022

----

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e os colexios oficiais de graduados sociais da Coruña e Ourense, Pontevedra e Lugo para o Servizo de Orientación Xurídico-Laboral

10.8.2022

15.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e as tres universidades galegas para o desenvolvemento do máster interuniversitario en Xestión e Dirección Laboral

13.7.2022

15.000 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e as organizacións sindicais e empresariais no marco do proxecto Feag-Empreganav

7.7.2022

---

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e a Fundación Ronsel para o desenvolvemento dun programa de Mentoring traballo autónomo

11.5.2022

250.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Fundación Juana de Vega, para a adhesión á rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social

1.7.2022

----

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Fundación Santa María La Real para a implantación dos proxectos Eixo 6-Muller Adestra Emprego «innovación no adestramento da empregabilidade das mulleres desempregadas de longa duración desconectadas do mercado de traballo» e Eixo 6-Empregarte «activación para o emprego de colectivos vulnerables a través de procesos creativos».

29.6.2022

----

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Fundación Santa María La Real para a implantación do programa Lanzaderas Conecta Emprego (programa GPS Emprego) durante os anos 2022 e 2023 cofinanciado polo Fondo Social Europeo

1.7.2022

----