Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2022 Páx. 51199

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 6 de setembro de 2022, da Xerencia Municipal de Urbanismo, da aprobación inicial do Plan especial de reforma interior UE industrial II-04 de Santo André de Comesaña (expediente 16958/411).

A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 1 de setembro de 2022, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Prestar aprobación inicial ao Plan especial da UE II-04 industrial de Santo André de Comesaña, instrumento urbanístico de iniciativa particular promovido pola entidade Global Fitness Sport, S.L., que inclúe a documentación técnica, inserida no rexistro electrónico desta xerencia con data do 8.3.2022 e COD.SOL W667567-3628, achegada en soporte dixital, elaborada e asinada dixitalmente, con firma válida, polo arquitecto Pedro de la Puente Crespo.

Segundo. Someter á información pública o presente expediente, incluído o resumo executivo, polo prazo de dous (2) meses, mediante a publicación de anuncios no DOG, nun dos xornais de maior circulación da provincia e na sede electrónica do Concello de Vigo, para os efectos de que durante tal período se poidan formular alegacións e as suxestións pertinentes; o remate do referido prazo de alegacións computará desde a data da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e a documentación exposta pola Secretaría Xeral dilixenciarase con notificación individual ás persoas titulares catastrais dos terreos afectados segundo a relación catastral incorporada ao expediente.

Durante o referido prazo recadaranse os informes sectoriais que resulten preceptivos, de conformidade coa normativa urbanística e sectorial de aplicación.

En vista do resultado dos trámites anteriores, resolverase sobre a procedencia de introducir no documento de modificación as rectificacións pertinentes cuxo alcance determinará, de ser o caso, a oportunidade e procedencia dun novo trámite de información pública e o requirimento de informes, artigo 144.12 do RLSG.

Terceiro. O presente acordo determina, por aplicación do disposto nos artigos 47.2 da LSG e 86.2 do RLSG, a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas no ámbito afectado en que resulte incompatible coa nova ordenación.

Para os efectos do disposto no punto segundo da parte dispositiva deste acordo, a documentación íntegra aprobada inicialmente poderá consultarse na seguinte ligazón: https://hoxe.vigo.org/movemonos/urbanismo_pxom2.php?lang=gal#/ e no Departamento de Información de Urbanismo, sito na planta baixa do edificio da Xerencia de Urbanismo (praza do Rei s/n, Vigo), para a súa consulta e a presentación de cantos documentos ou escritos de alegacións consideren convenientes.

* Poden pórse en contacto co Departamento de Información de Urbanismo para solicitar cita previa ou para resolver calquera dúbida ao respecto, no teléfono 986 81 03 49.

* Para presentar documentos ou escritos de alegacións deben solicitar cita previa no Rexistro de Urbanismo, no teléfono 986 81 03 44.

Vigo, 6 de setembro de 2022

O alcalde
P.D. (Resolución do 11.7.2019)
María José Caride Estévez
Vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo