Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2022 Páx. 51196

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle para reforma interior de parcela para a mellora da accesibilidade no Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD), A Coruña (expediente 631/2021/246).

A Xunta de Goberno local, na sesión que tivo lugar o 31.8.2022, acordou aprobar inicialmente o documento denominado Estudo de detalle para reforma interior de parcela para mellora da accesibilidade no CAPD A Coruña, promovido pola Consellería de Política Social e redactado polo arquitecto José Luis Sánchez-Agustino Mariño.

En cumprimento do artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigos 194.2 e 207 do seu regulamento, sométese o expediente a información pública polo prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio, no Diario Oficial de Galicia ou nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera persoa poida examinar o estudo de detalle e formular as alegacións que procedan.

A documentación estará disponible no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello, na epígrafe de información urbanística; na web de Urbanismo, na epígrafe exposición pública, e no visor Desenvolvemento do Planeamento. Tamén poderá consultarse fisicamente nas dependencias da Área de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade do Concello da Coruña (praza de Indalecio Prieto, 1-3), das 9.00 ás 13.00 horas, logo de cita que se solicitará por escrito no Rexistro Municipal ou dirixíndose ao registrourbanismo@coruna.es

A Coruña, 5 de setembro de 2022

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3847/2019, do 27 de xuño)
María Hernández García
Directora da Área de Urbanismo