Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2022 Páx. 51121

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación, pola que se redistribúen os créditos orzamentarios recollidos na Orde do 13 de maio de 2022, pola que se modifica parcialmente a Orde do 16 de abril de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para as accións formativas do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2021-2023, e se realiza a súa segunda convocatoria para os exercicios 2022 e 2023 (código de procedemento TR301K).

Mediante a Orde do 16 de abril de 2021 (DOG núm. 81, do 30 de abril), a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade estableceu as bases reguladoras para as accións formativas do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2021-2023 e realizou a súa primeira convocatoria para os exercicios 2021-2022.

Mediante a Orde do 13 de maio de 2022, modificouse parcialmente a Orde do 16 de abril de 2021 pola que se establecían as bases reguladoras para as accións formativas do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2021-2023, e realizouse a súa segunda convocatoria para os exercicios 2022 e 2023 (DOG nº 102, do 30 de maio).

No artigo 3 desta orde recóllese o financiamento das axudas previstas con cargo ás aplicacións orzamentarias 11.05.323A.460.1, 11.05.323A.471.0 e 11.05.323A.481.0, código de proxecto 2021 00149, cunha contía inicial de 49.766.589 €, distribuída entre as anualidades 2022 (24.233.411 €) e 2023 (25.533.178 €) procedentes de fondos finalistas do Estado.

No mesmo artigo 3 establécese que eses créditos poderán ser obxecto de modificacións nos supostos e nas condicións previstos nos artigos 30 e 31 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Unha vez instruídos os expedientes e obtida a relación de accións formativas que van ser subvencionadas, xa que cumpren coas condicións establecidas nas bases reguladoras e resultaron seleccionadas por aplicación dos criterios de avaliación recollidos no artigo 10 das citadas bases, cómpre realizar unha redistribución do crédito entre as distintas aplicacións orzamentarias, en función do tipo de entidade que vai impartir a formación (empresas, entidades locais ou entidades sen ánimo de lucro).

De acordo co disposto no artigo 31 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro), cando a contía total máxima das subvencións convocadas se distribúa entre distintos créditos orzamentarios, a alteración da devandita distribución non precisará de nova convocatoria pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

Por todo o anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Modificar o crédito destinado ás axudas convocadas na Orde do 13 de maio de 2022 pola que se modifica parcialmente a Orde do 16 de abril de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para as accións formativas do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2021-2023, e se realiza a súa segunda convocatoria para os exercicios 2022 e 2023 (código de procedemento TR301K), redistribuíndo o crédito previsto na dita orde para a anualidade 2022 da seguinte maneira, sen variar o orzamento total:

Anualidade 2022

Aplicación orzamentaria

Código de proxecto

Orzamento inicial

Modificacións

Orzamento final

11.05.323A.460.1

2021 00149

1.787.154,00

-968.022,05

819.131,95

11.05.323A.471.0

2021 00149

15.132.337,00

5.276.996,04

20.409.333,04

11.05.323A.481.0

2021 00149

7.313.920,00

-4.308.973,99

3.004.946,01

Total

24.233.411,00

24.233.411,00

A distribución prevista na orde de convocatoria para a anualidade 2023 non sufriu modificación.

Segundo. Esta modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará apertura de prazo para presentar novas solicitudes.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2022

Zeltia Lado Lago
Directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación