En sesión que tivo lugar o 13 de setembro de 2022, o tribunal nomeado pola Resolución do 19 de outubro de 2020 (DOG núm. 241, do 30 de novembro) e modificado pola Resolución do 17 de decembro de 2020 (DOG núm. 258, do 24 de decembro), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 002 do grupo I, titulado/a superior médico, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado mediante a Orde do 4 de novembro de 2019 (DOG núm. 212, do 7 de novembro),
ACORDOU:
Primeiro. Facer pública, como anexo a esta resolución, a baremación definitiva da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes, de conformidade co disposto na base II.2 da convocatoria.
Segundo. De acordo co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2022
Mercedes Lanza Gándara
Presidenta do tribunal
ANEXO
DNI |
Apelido 1 |
Apelido 2 |
Nome |
II.2.1 Experiencia profesional |
II.2.2 Permanencia na categoría |
II.2.3 Formación |
Total |
***6680** |
Nartallo |
Penas |
María Victoria |
28,00 |
8 |
0,75 |
36,75 |