Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 22 de setembro de 2022 Páx. 49473

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación inicial do expediente 2022/PLANEAM/000014 (FG 701).

Mediante a Resolución da Alcaldía 2022004279, do 7 de setembro de 2022, acordouse aprobar inicialmente o estudo de detalle das parcelas Ex 3.1 e 3.2 do SUNP I-33-R, Iñás (documento R.E. nº 2022015280, do 23.8.2022).

De conformidade co artigo 194 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 14.00 horas, polo prazo dun mes, para a presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 15 de setembro de 2022

Ángel García Seoane
Alcalde presidente