Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 22 de setembro de 2022 Páx. 49356

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 15 de setembro de 2022 pola que se modifica a composición do Consello Social da Universidade de Vigo.

Mediante Resolución do 14 de xuño de 2021 fíxose pública a composición dos consellos sociais das universidades do Sistema universitario de Galicia.

A Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia, establece que o Consello Social estará integrado por un máximo de trinta e unha persoas membros.

O artigo 77.2 da citada Lei 6/2013 establece que son membros natos do Consello Social o/a reitor/a da universidade, o/a secretario/a xeral e o/a xerente da universidade. Así mesmo, serán membros un profesor ou profesora, un o unha estudante e un ou unha representante do persoal de administración e servizos, elixidos e elixidas polo consello de goberno da universidade entre os seus membros na forma que determinen os seus estatutos.

A condición de persoa membro do Consello Social adquírese unha vez cumpridos os requisitos de designación, nomeamento e publicación no Diario Oficial de Galicia, e produce efectos a partir desa data.

Con data do 7 de setembro de 2022, o presidente do Consello Social da Universidade de Vigo, comunica á Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades que o Consello de Goberno da Universidade de Vigo, reunido o 28 de xullo de 2022, designou como representante de profesores/as no Consello Social de Universidade de Vigo a Natalia Caparrini Marín, en substitución de José María Martín Moreno; como representante do persoal de administración e servizos no Consello Social de Universidade de Vigo a Carlos Mollinedo Lois, en substitución de Xoán Manuel Cebro Rodríguez, e como representante de estudantes no Consello Social da Universidade de Vigo a Manuel Diz Folgar, en substitución de Antonio Manuel Ramos Vázquez.

O artigo 77.4 da Lei 6/2013, do 13 de xuño, establece que os acordos de designación de membros do Consello Social seranlle comunicados á persoa titular da consellería competente en materia de universidades, quen procederá ao seu nomeamento mediante orde da súa consellería.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo 1

Nomear como representante no Consello Social da Universidade de Vigo, en representación do profesorado, a Natalia Caparrini Marín, en substitución de José María Martín Moreno.

Artigo 2

Nomear como representante no Consello Social da Universidade de Vigo, en representación do persoal de administración e servizos, a Carlos Mollinedo Lois, en substitución de Xoán Manuel Cebro Rodríguez.

Artigo 3

Nomear como representante no Consello Social da Universidade de Vigo, en representación do estudantado, a Manuel Diz Folgar, en substitución de Antonio Manuel Ramos Vázquez.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2022

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades