Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 22 de setembro de 2022 Páx. 49459

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 9 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se fai pública a memoria ambiental correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica do Plan xeral de ordenación municipal de Navia de Suarna (expediente 2010AAE0163).

Faise pública a Resolución do 8 de setembro de 2022 pola que se formula a memoria ambiental correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica do Plan xeral de ordenación municipal do concello de Navia de Suarna, en cumprimento do disposto na devandita resolución.

O proceso de avaliación ambiental estratéxica previsto na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, está integrado nos procedementos de aprobación de instrumentos de planeamento urbanístico regulados na Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Esta memoria ambiental pódese consultar no seguinte enderezo da internet:

https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave introducindo o código 0390/2007.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2022

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático