Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 22 de setembro de 2022 Páx. 49452

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 8 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, de notificación da información pública e trámite de audiencia na tramitación do Plan territorial especial de San Fiz de Asma, no concello de Chantada.

Mediante a Resolución do 20 de maio de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, publicada no DOG número 102, do 30 de maio, e no BOP de Lugo desa mesma data, someteuse a información pública o Plan territorial especial de San Fiz de Asma, no concello de Chantada, polo prazo dun mes.

En cumprimento do disposto no artigo 55.6 da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o presente anuncio para os efectos de notificación dun trámite de audiencia, durante o prazo dun mes, a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados no ámbito do Plan territorial especial de San Fiz de Asma, no concello de Chantada, por seren descoñecidas, ignorarse o lugar da notificación ou ben porque, intentada esta, non se puido efectuar.

Durante o prazo indicado pode consultarse o documento, en horario de oficina, nas dependencias da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, sitas no Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, en Santiago de Compostela; no concello de Chantada; ou na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través da seguinte ligazón, e achegar as alegacións, documentos e consideracións que se consideren pertinentes:

https://cmatv.xunta.gal/seccion-organizacion/c/CMAOT_SX_de_Organizacion_do_Territorio_e_Urbanismo?content=SX_Ordenacion_Territorio_Urbanismo/Participacion_publica/seccion.html&std=Participacion_publica.html

(* Recoméndase empregar o navegador Internet explored)

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2022

María Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo