Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Xoves, 22 de setembro de 2022 Páx. 49462

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 8 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, de notificación da resolución de cambio de titularidade da zona de concentración parcelaria de Acevedo-Milmanda (Celanova-Ourense).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

No prazo de dez (10) días, desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado, a persoa interesada citada no anexo, poderá comparecer nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural (rúa Florentino López Cuevillas, núm. 4-6, baixo), en Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para coñecer o texto íntegro do acto que se notifica.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación.

Para garantir o cumprimento das medidas de distanciamento social, previstas con motivo da pandemia causada pola COVID-19, para efectuar a referida comparecencia deberá concertar previamente unha cita no teléfono 988 38 64 89.

Ourense, 8 de setembro de 2022

Luis Jorge Álvarez Ferro
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Interesada

Acto que se notifica

Marta Mosquera Seoane

Resolución do 10 de agosto de 2022