Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 21 de setembro de 2022 Páx. 49259

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 25 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Allariz (expediente IN407A 2022/95-3).

Visto o expediente para outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe, tal e como se recolle no proxecto asinado en Ourense polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado número 2233 do Coeticor, o día 17.2.2022, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante declaración responsable asinada na devandita data.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.; CIF: A63222533.

Domicilio: A Batundeira, núm. 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: adecuación LMTA DC ALL803-ALL804.

Situación: lugar das Campinas, concello de Allariz.

Orzamento: 156.123,31 €.

Características técnicas:

– Actuación 1. Aérea. Instalación de 3 novos apoios de celosía metálica na LMT DC ALL803-ALL804, para realizar paso A/S, apoios números: D4/1, 10/1 e 15/1, por protección a patrimonio cultural, e desmonte de tramo aéreo de 1.720 m de condutor existente, con orixe nos apoios: D3-D4/1; 10/1-13 e 15/1-16 e final nos apoios: D4/1, 13 e 16, respectivamente.

– Actuación 2. Subterránea. LMTS en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, baixo tubaxe, con inicio no paso A/S que se vai realizar no apoio número D4/1 proxectado, de tipo C-16/7000, e final no paso A/S, que se deben realizar no apoio número 10/1 proxectado de tipo C-14/2000.

– Actuación 3. Subterránea. LMTS en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, baixo tubaxe, con orixe no paso A/S que se debe realizar no apoio número D4/1 proxectado de tipo C-16/7000, e remate no paso A/S que se vai realizar no apoio número 15/1 proxectado de tipo C-14/3000.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nas condicións establecidas polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 25 de agosto de 2022

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense