Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 21 de setembro de 2022 Páx. 49263

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada enlace LMTVAA708-GON 807 (Gondomar), no concello de Gondomar, do que resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2022/003-4).

A instalación denominada enlace LMTVAA708-GON 807 (Gondomar) foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución do 16 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 15 de novembro de 2022, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Gondomar.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lles comunicarán a data e a hora en que deberán presentarse nos seus predios e serán informados de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, de acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 29 de agosto de 2022

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Artigo 41.3 en relación co 42.1
do Decreto 116/2022, do 23 de xuño)
Eugenio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Industria

ANEXO

Enlace LMTVAA708-GON 807 (Gondomar)

Referencia catastral

Lugar

Titular

Nº apoio

m2 solo

ml sub.

m2 servidume de paso soterrada

1

2105333NG2620N0001LH

A Gándara-Peitieiros

Ana Fernández Bravo

1

8,24

3

2,36

2

2105332NG2620N0001PH

A Gándara-Peitieiros

Ramón Pereira Negreira

1

8,55

0,39