Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 21 de setembro de 2022 Páx. 49290

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2022 pola que se fai público o cofinanciamento pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a seguir se indican, por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Entidade adxudicadora.

Entidade: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil de contratante dende a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, no Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, na Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

Tipo de contrato: servizo.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento de adxudicación: contrato menor (artigo 118 da LCSP).

2. Obxecto dos contratos.

a) Título: gasto menor de servizo de apoio técnico á dirección facultativa na execución da obra hidráulica OH.336.1165 Melloras na estación depuradora de augas residuais de Comboa. Soutomaior (Pontevedra).

Clave do expediente: GA.21135.

CPV (referencia de nomenclatura): 71311100-2. Servizos de asistencia en enxeñaría civil.

Orzamento base: importe neto: 14.910,97 euros. Importe total: 18.042,27 euros.

Prazo de execución: cinco (5) meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 14.300,00 euros. Importe total: 17.303,00 euros.

Empresa contratista: Ingenia, Actividades de Ingeniería y Obra Civil, S.L.U.

b) Título: gasto menor de servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación de mellora do saneamento en Ver. Pontedeume (A Coruña)-OH.315.1087.

Clave do expediente: GA.21174.

CPV (referencia de nomenclatura): 71317200-5. Servizos de saúde e seguridade.

Orzamento base: importe neto: 11.602,50 euros. Importe total: 14.039,03 euros.

Prazo de execución: seis (6) meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 7.926,40 euros. Importe total: 9.590,94 euros.

Empresa contratista: Ingeniería y Prevención de Riesgos, S.L.

c) Título: gasto menor de servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación denominada OH.336.1165 Melloras na estación depuradora de augas residuais de Comboa. Soutomaior (Pontevedra).

Clave do expediente: GA.21136.

CPV (referencia de nomenclatura): 71317200-5. Servizos de saúde e seguridade.

Orzamento base: importe neto: 7.735,00 euros. Importe total: 9.359,35 euros.

Prazo de execución: 4 meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 5.793,51 euros. Importe total: 7.010,15 euros.

Empresa contratista: Control y Geología, S.A. (Cygsa).

3. Información sobre os contratos relacionados cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea.

Actuacións referidas no punto 2 anterior cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

As actuacións enmárcanse dentro do programa operativo no obxectivo temático 6: conservar e protexer o medio ambiente e promover a eficiencia dos recursos. Prioridade de investimento 6.2: o investimento no sector da auga para cumprir os requisitos do acervo da Unión en materia de ambiente e para abordar as necesidades, determinadas polos Estados membros, dun investimento que vaia máis alá dos ditos requisitos. Obxectivo específico 6.2.1: culminar os requisitos da Directiva marco da auga a través do investimento en infraestruturas de saneamento, depuración e reutilización de augas residuais, e mellora da calidade da auga. Actuación 6.2.1.2: reforma e optimización dos sistemas de saneamento das rías galegas.

En concreto, as actuacións referidas nos puntos 2.a) e 2.b) encádranse dentro da operación de mellora dos sistemas de saneamento e depuración na ría de Pontedeume e a referida no punto 2.c) dentro da operación de mellora dos sistemas de saneamento e depuración na ría de Vigo-LIC Enseada de San Simón. Aglomeración de Soutomaior. Unha maneira de facer Europa.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2022

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia