Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 21 de setembro de 2022 Páx. 49341

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Rúa

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle da rúa Pireira.

Anúnciase a aprobación definitiva do estudo de detalle da rúa Pireira na Rúa (Ourense), elaborado polo arquitecto Isidro López Yáñez da empresa Estudio Técnico Galego, S.A., co obxecto de adaptar e reaxustar á realidade do terreo e das vías as aliñacións e rasantes xa fixadas polo Plan xeral de ordenación urbana.

O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria do 5 de setembro de 2022, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro. Estimar parcialmente as seguintes alegacións: rexistro de entrada: 2021-E-RC-4007, data: 30.12.2021, nome: Olivier Losada Vieira; rexistro de entrada: 2021-E-RC-4007, data: 31.12.2021, nome: Manuel Baltazar Leal, polos motivos expresados no informe dos servizos técnicos do 31.1.2022, do cal se remitirá copia aos interesados xunto coa notificación do presente acordo e, en consecuencia, introducir no proxecto as modificacións indicadas no devandito informe, tendo en conta as consideracións sinaladas no informe asinado polo xefe da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia do 6.5.2022.

Segundo. Aprobar definitivamente o estudo de detalle descrito nos antecedentes coas modificacións derivadas dos puntos obxecto de informe favorable no informe de alegacións anteriormente citado, tendo en conta as consideracións sinaladas no informe asinado polo xefe da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia do 6.5.2022.

Terceiro. Publicar o acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia e o texto dos documentos que o integran, así como o índice de planos do estudo de detalle, no Boletín Oficial da provincia.

Cuarto. Notificar o presente acordo aos propietarios e demais interesados directamente afectados polo estudo de detalle.

Quinto. Comunicar á consellería competente en materia de urbanismo da aprobación do estudo de detalle, á vez que se lle dá traslado dun exemplar en soporte dixital, debidamente dilixenciado, co fin de ser inscrito no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

Sexto. Facultar o alcalde presidente para subscribir e asinar toda clase de documentos e, en xeral, para todo o relacionado con este asunto. O alcalde presidente, Álvaro José Fernández López».

Contra este acordo poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

A Rúa, 15 de setembro de 2022

Álvaro José Fernández López
Alcalde