Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 21 de setembro de 2022 Páx. 49220

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2022, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2022.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30, do 15 de febreiro), impón ás consellerías e demais entidades integrantes do sector público autonómico de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Secretaría Xeral da Igualdade nos meses de maio a agosto do ano 2022, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2022

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade (Secretaría Xeral da Igualdade) nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2022

Convenio

Data de sinatura

Importe total

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade, a través da Secretaría Xeral da Igualdade, e a Congregación Hermanas Mercedarias de la Caridad para o mantemento de vivendas de transición para mulleres vítimas de violencia de xénero previas a un recurso de acollida, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

4.5.2022

150.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e o Concello de Ferrol para o mantemento do centro de acollida para a atención a mulleres vítimas de violencia de xénero dependente do Concello.

4.5.2022

49.950 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia para a atención psicolóxica a mulleres e menores que sofren violencia de xénero e, complementariamente, a outras persoas do seu contorno familiar que vivan ou padezan situacións de violencia de xénero, e atención psicolóxica a homes con problemas de control de violencia no ámbito familiar.

11.5.2022

337.039 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Concello da Coruña para o mantemento do centro de acollida para a atención a mulleres vítimas de violencia de xénero dependente do Concello.

18.5.2022

49.950 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Colexio Oficial de Administradores de Fincas de Galicia (Coafga) e a Asociación Galega de Profesionais da Auditoría Sociolaboral de xénero e da prevención do acoso e da violencia de xénero nas organizacións (Agaxen), para a prevención e detección da violencia de xénero e o acoso sexual no contorno veciñal.

24.5.2020

0 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela para o mantemento dun dispositivo para a atención e acollida de mulleres vítimas de explotación sexual e trata.

25.5.2022

20.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Fundación de Solidaridad Amaranta para o mantemento dun recurso de acollida en Ourense para mulleres que sofren violencia de xénero, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

25.5.2022

252.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Universidade da Coruña para o desenvolvemento de medidas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

25.5.2022

40.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento de medidas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

25.5.2022

40.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Universidade de Vigo para o desenvolvemento de medidas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

25.5.2022

40.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e Cáritas Diocesana de Ourense para o mantemento dun dispositivo para a atención e acollida de mulleres vítimas de explotación sexual e trata.

31.5.2022

20.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Fundación Secretariado Xitano para o desenvolvemento de accións de sensibilización e prevención da violencia de xénero entre a comunidade xitana en Galicia, enmarcadas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

31.5.2022

25.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Asociación Saúde Mental A Mariña para o mantemento dunha vivenda tutelada para mulleres con enfermidade mental que sofren violencia de xénero, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

31.5.2022

140.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Federación de Asociacións de Veciños de Lugo Lucus Augusti para o desenvolvemento dun programa de igualdade e loita contra a violencia de xénero no medio rural na provincia de Lugo, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

1.7.2022

40.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Confederación Galega de Asociacións Veciñais Rosalía de Castro-Cogave- para a posta en marcha dun programa de concienciación en igualdade, prevención e loita contra a violencia de xénero: Xuntos contra a violencia de xénero por unha sociedade libre e sen violencia, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

1.7.2022

15.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Asociación para Proxectos Globais de Inserción e Integración Sociolaborais-ALAR Galicia, para o desenvolvemento do Proxecto Fénix, de medidas de prevención e intervención integral con menores agresores de violencia de xénero, enmarcado no Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

1.7.2022

50.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Concello de Lugo para o mantemento do centro de acollida para a atención a mulleres vítimas de violencia de xénero dependente do Concello.

7.7.2022

49.950 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) para garantir unha atención integral ás mulleres xordas que sofren violencia de xénero, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

7.7.2022

20.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a entidade Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, para o mantemento dun servizo de quenda psicolóxica para mulleres e os seus fillos e fillas menores afectados/as por violencia de xénero, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

7.7.2022

80.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a entidade Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia para o mantemento dun servizo de quenda de garda social especializada e permanente para mulleres e os seus fillos e fillas menores que sofren violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

20.7.2022

50.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade (Secretaría Xeral da Igualdade) e a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia (Fademur) para o desenvolvemento de actuacións para promover a posta en marcha de procesos de avaliación e formación para o recoñecemento da experiencia laboral que permita o acceso ás bolsas de coidado profesional en desenvolvemento do Plan Corresponsables.

31.5.2022

100.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade (Secretaría Xeral da Igualdade) e a Federación pola Igualdade das Mulleres da provincia de Pontevedra (Femupo) para o desenvolvemento de actuacións para promover a posta en marcha de procesos de avaliación e formación para o recoñecemento da experiencia laboral que permita o acceso ás bolsas de coidado profesional en desenvolvemento do Plan Corresponsables.

31.5.2022

100.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade (Secretaría Xeral da Igualdade) e a Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (Femuro) para o desenvolvemento de actuacións para promover a posta en marcha de procesos de avaliación e formación para o recoñecemento da experiencia laboral que permita o acceso ás bolsas de coidado profesional en desenvolvemento do Plan Corresponsables.

31.5.2022

100.000 €