Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 21 de setembro de 2022 Páx. 49230

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2022 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2022.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Innovación nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2022, que se incorpora no anexo I desta resolución.

No anexo II da resolución dáse publicidade a un convenio de colaboración subscrito pola Axencia Galega de Innovación durante o primeiro cuadrimestre do ano 2022.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2022

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO I

Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Innovación nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2022

Convenio

Data de sinatura

Importe total (€)

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación pública galega de Medicina Xenómica para o desenvolvemento de programas de I+D+i no período 2021-2022.

7.6.2022

9.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación, a Fundación pública galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade de Vigo e a Universidade da Coruña para instrumentar a achega de Galicia ao desenvolvemento do programa de comunicación cuántica dentro dos plans complementarios de I+D+i do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

29.6.2022

3.409.098,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación, a Fundación pública galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade de Vigo e a Universidade da Coruña para a realización do programa de comunicación cuántica dentro dos plans complementarios de I+D+i do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextgenerationEU.

29.6.2022

6.210.904,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación pública galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia para regular as condicións da axuda destinada ao despregamento dunha infraestrutura baseada en tecnoloxías cuánticas da información que permita impulsar a I+D+i en Galicia, susceptible de financiamento pola Unión Europea no marco do eixe REACT UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19.

30.6.2022

3.409.096,00 €

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), a Axencia Galega de Innovación (Gain), a Sociedade Xestora de Entidades de Investimento de Tipo Pechado, S.A.U. (Xesgalicia), o Consorcio da Zona Franca de Vigo e Vigo Activo Sociedade de Capital Risco, S.A., S.M.E., para o desenvolvemento da sétima e oitava edicións do Programa Viagalicia.

10.07.2022

4.567.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento do Máster en Desenvolvemento Económico e Innovación.

28.7.2022

6.000,00 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e o Consorcio Aeronáutico Galego para a creación, posta en marcha e xestión do Observatorio da Industria Aeroespacial en Galicia.

3.8.2022

Sen achega económica

ANEXO II

Convenio de colaboración subscrito pola Axencia Galega de Innovación no primeiro cuadrimestre de 2022

Convenio

Data de sinatura

Importe total (€)

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), a Axencia Galega de Innovación (Gain), a Sociedade Xestora de Entidades de Investimento de Ttipo Pechado, S.A.U. (Xesgalicia) e a Asociación Agrupación Industrial Alimentaria de Galicia (Clusaga), para a continuidade do foco de emprendemento no sector alimentario de Galicia (Business Factory Food-BFF).

20.1.2022

7.625.461,04 €