Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 20 de setembro de 2022 Páx. 49137

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Negueira de Muñiz (expediente 2021/49 ATE).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica:

Solicitante: Viesgo Distribución Eléctrica, S.L.

Domicilio social: rúa Isabel Torres, 25, 39011 Santander.

Denominación: nova LAT e CT baixo poste en Foxo OPA 1_58163.

Características técnicas principais:

 Centro de transformación baixo poste Foxo, cunha potencia máxima de 250 kVA e unha potencia instalada de 50 kV, relación de transformación de 20.000-10.000/400 V.

 Liña de alta tensión aérea a 12 kV, cunha lonxitude de 805 m, con orixe no apoio AV24351 para substituír da LAT 12 kV Salime-Grandas, condutor tipo LA56 e final en apoio 4 proxectado.

 Liña de alta tensión soterrada a 12 kV, cunha lonxitude de 35 m, con orixe no paso aéreo a soterrado do apoio 4 proxectado, condutor tipo RHZ1 150 mm e final no CT proxectado.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figuran no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70), referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que consideren oportunas, no prazo de trinta días hábiles contados desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial, de luns a venres, entre as nove da mañá e as dúas da tarde.

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 27 de xuño).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación ou ben, tentada a notificación, non se puidese realizar e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 31 de agosto de 2022

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Predio

Ref. catastral

Lugar

Termo municipal

Propietario

Tipo cultivo

Afeccións

Apoio

LAAT

LSAT

CT

Superficie ocupación temporal m2

Pol. nº

Parcela nº

Identificación

Superficie ocupación permanente m2

Superficie afectada por voo m2

Superficie ocupación permanente m2

Superficie ocupación permanente m2

1

25

276

Lameira

Negueira de Muñiz

José Manuel Veiga López (50 %)

Jaime Amir Veiga López (50 %)

Prado

1

1

18

32

2

25

277

Lameira

Negueira de Muñiz

José María Braña López

Prado

84

3

25

275

Lameira

Negueira de Muñiz

Herdeiros de Antonio López Nogueiro

Monte baixo

1

1

18

9

5

25

264

Lameiro

Negueira de Muñiz

Antonio Lledin Graña

Monte baixo

71

4

6

25

263

Lameiro

Negueira de Muñiz

Antonio Lledin Graña

Monte alto

83

7

25

262

Lameira

Negueira de Muñiz

Benigno López Ron

Monte alto

130

9

25

260

Lameira

Negueira de Muñiz

Nieves Graña Monasterio

Monte alto

216

10

25

259

Lameira

Negueira de Muñiz

Carmen Graña Díaz

Monte alto

340

11

25

258

Lameiro

Negueira de Muñiz

Benigno López Ron

Monte baixo

539

12

25

257

Lameira

Negueira de Muñiz

Antonio Lledin Graña

Monte baixo

102

13

25

243

Lameiras

Negueira de Muñiz

José Manuel Veiga López (50 %)

Monte baixo

19

Jaime Amir Veiga López (50 %)

14

25

242

Pena do Navallo

Negueira de Muñiz

José Manuel Veiga López (50 %)

Monte baixo

364

69

Jaime Amir Veiga López (50 %)

16

25

240

Pena do Navallo

Negueira de Muñiz

Herdeiros de Antonio López Nogueiro

Monte alto

339

66

17

25

222

Eiros

Negueira de Muñiz

Benigno López Ron

Monte alto

1

18

25

221

Eiros

Negueira de Muñiz

Ángel López Valle

Monte alto

12

19

25

220

Eiros

Negueira de Muñiz

Herdeiros de Antonio López Nogueiro

Prado

102

20

25

219

Vila Bouzán

Negueira de Muñiz

Herdeiros de Antonio López Nogueiro

Monte alto

2

21

25

218

Vila Bouzán

Negueira de Muñiz

Adriano López Rodeiro

Monte alto

10

23

25

213

Rebalongo

Negueira de Muñiz

José María Braña López

Monte alto

51

24

25

212

Rebalongo

Negueira de Muñiz

José Manuel Veiga López (50 %)

Monte baixo

2

3

127

28

Jaime Amir Veiga López (50 %)

26

25

209

Queimados

Negueira de Muñiz

José Manuel Veiga López (50 %)

Monte baixo

73

Jaime Amir Veiga López (50 %)

27

25

208

Queimados

Negueira de Muñiz

José María Braña López

Monte alto

182

28

25

205

Queimados

Negueira de Muñiz

Benigno López Ron

Monte alto

203

30

25

198

Telo Prado

Negueira de Muñiz

Amada Castelao Díaz

Monte alto

4.479

31

25

187

Prado de Cruz

Negueira de Muñiz

Juan Carlos López Fernández

Monte alto

788

32

25

355

Queimado

Negueira de Muñiz

Carmen Graña Díaz

Monte alto

687

33

25

426

Carballo

Negueira de Muñiz

EDP España, S.A.

Monte alto

342

34

25

197

O Prado Vello

Negueira de Muñiz

Descoñecido

Monte alto

2.576

36

26

294

Vale

Negueira de Muñiz

EDP España, S.A.

Monte alto

3.481

37

26

268

Mouzal

Negueira de Muñiz

EDP España, S.A.

Monte alto

2.821

39

26

181

Mouzal

Negueira de Muñiz

Carmen Regueira Nogueiro

Monte alto

668

40

26

277

Mouzal

Negueira de Muñiz

MVMC de Barcela

Monte alto

1.940

43

26

257

Vale

Negueira de Muñiz

MVMC Foxo e Vilar (exp. 135/75)

Monte alto

3

3

6.619

52

44

26

59

Campón

Negueira de Muñiz

MVMC Foxo e Vilar (exp. 135/75)

Monte baixo

4

10

210

6

14

74