Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 20 de setembro de 2022 Páx. 49130

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2022 pola que se nomea catedrático de universidade da área de coñecemento de Matemática Aplicada.

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade pola Resolución do 23 de maio de 2022 (BOE do 2 de xuño), para a provisión da praza número 22/007 de catedrático de universidade da área de coñecemento de Matemática Aplicada, departamento de Matemáticas desta universidade, a favor de Xesús Antón Nogueira Garea, con DNI núm. ***3977**, e unha vez que a persoa interesada acreditara os requisitos establecidos na convocatoria.

Esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Xesús Antón Nogueira Garea catedrático de universidade da área de coñecemento de Matemática Aplicada, departamento de Matemáticas desta universidade.

No prazo máximo de vinte días, contado desde o día seguinte ao da publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, a persoa candidata deberá tomar posesión do seu destino.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderá interpoñer un recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 12 de setembro de 2022

Julio Ernesto Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña