Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 20 de setembro de 2022 Páx. 49145

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 1 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS618D (expediente 15030005922E e oito máis).

De conformidade co disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no uso da competencia atribuída a esta xefatura territorial, intentada a notificación das resolucións ditadas no procedemento no último domicilio das persoas interesadas citadas no anexo sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse para ser notificadas dos ditos actos administrativos.

Así, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte á data de publicación do dito anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer para teren coñecemento do contido íntegro dos referidos actos e dos seus expedientes advertíndolles que, de non o facer, se terá por practicada a notificación ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

As persoas interesadas poderán comparecer persoal ou debidamente representadas na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, 2), das 9.00 ás 14.00 horas.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, cabe interpor o recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Política Social e Xuventude no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, practicada por comparecencia, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A Coruña, 1 de xullo de 2022

A xefa territorial da Coruña
P.S. (Decreto 124/2022, do 23 de xuño)
María Sóñora Ferreirós
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa

ANEXO

Procedemento BS618D.

Nº de expediente

DNI/NIE/Pasaporte

Resolución

Data da resolución

15030005922E

Y7900023C

Concesión

2.6.2022

15054001422E

Y5695888K

Concesión

3.6.2022

15030008122E

58058836M

Concesión

3.6.2022

15030002222E

Y7995311L

Concesión

3.6.2022

15078005222E

77398332C

Concesión

30.6.2022

15078012022E

I20009423

Concesión

30.6.2022

15002001622E

I20095429

Concesión

30.6.2022

15002000422E

33263503Y

Denegación

29.6.2022

15032000122E

Y3416385W

Concesión

17.6.2022