Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 19 de setembro de 2022 Páx. 48956

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Arteixo (expediente-e IN407A 2022/149-1).

Expediente-e: IN407A 2022/149-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: instalación de telecontrol no CT Rúa Aguceira, nº 5-15CW85.

Concello: Arteixo.

Feitos:

1. O 26 de abril de 2022, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica, co fin de realizar melloras na calidade de subministración dos clientes alimentados pola rede de distribución en media tensión existente GRN708 Vilarrodís-Sabón, 8, concello de Arteixo.

Achegan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que abrangue os seguintes documentos:

– Proxecto de execución denominado instalación de telecontrol no CT Rúa Aguceira, nº 5-15CW85, asinado por Rubén Fervenza Nicolás, enxeñeiro técnico industrial, número de colexiado 4684 de Vigo, o 6 de abril de 2022.

– Anexo, asinado por Javier Fernández Mitre, enxeñeiro industrial, número de colexiado 15670 de Madrid, o 7 de xuño de 2022.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Consonte os artigos 127.1 e 127.2 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, se é o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas dunha separata do proxecto, na parte en que a instalación puidese prexudicar bens e dereitos ao seu cargo, que contén as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente. Solicitóuselle o preceptivo informe ao Concello de Arteixo. UFD Distribución Electricidad, S.A. manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos.

4. Os servizos técnicos da Xefatura Territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, no Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

2. A lexislación que se vai aplicar neste expediente é a que a seguir se relaciona:

a) Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

b) Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

c) Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

d) Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

e) Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

f) Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

Instalación de telecontrol no CT de caseta alta tipo rural CT Rúa Aguceira, nº 5 (15CW85, IN407A 2016/713-1), mediante a substitución da aparellaxe ao aire, trafo e CBT existentes por CT sen envolvente telecontrolado 2L+1P de 400 kVA/15 kV no edificio existente e adecuación del. Proxéctase a realización das seguintes actuacións:

– Desmontaxe de trafo, CBT actuais e aparellaxe antigos ao aire e embarrado do interior da caseta existente.

– Reforma das acometidas actuais MT subterráneas con cable actual en illamento seco para conexión pola bancada prevista de cables entrada e saída en novas celas.

– Construción de bancada de obra civil para acometida de cables e foso para recollida de aceite.

– Substitución da porta de acceso de persoal por unha normalizada de persoal e maquinaria para este tipo de centros.

– Interconexión coa LMTS GRN708 Vilarrodís-Sabón, 8, cos condutores existentes.

– Interconexión da baixa tensión subterránea actual mediante cable subterráneo desde novo CBT por canlón interior do CT.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o sinalado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

I. As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

II. Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 26 de agosto de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña