Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 19 de setembro de 2022 Páx. 49015

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO da información pública do proxecto de equidistribución do PERI 2-R Sánchez Aguilera, aprobado inicialmente.

O 30.8.2022, a Xunta de Goberno Local aprobou inicialmente o proxecto de equistribución do PERI 2-R Sánchez Aguilera e acordou sometelo á información pública por un mes no BOP, no DOG e nun xornal dos de maior difusión da provincia xunto co convenio entre o Instituto de Vivenda, Infraestrutura e Equipamento da Defensa e o Concello de Ferrol para o alleamento de varias propiedades situadas nese municipio, que figura como anexo ao proxecto.

De acordo cos artigos 270 e 401.3 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba do Regulamento da Lei 2/2016, do solo de Galicia, sométese á información pública durante o prazo dun mes, prazo que comezará a computar desde o día seguinte ao da última publicación no BOP ou no DOG.

O proxecto de equidistribución pode consultarse no enlace https://ferrol.gal/arquivos/descargas/Proxecto_equidistribucion_aprobado_inicialmente.pdf

Tamén se pode consultar na sede electrónica do Concello de Ferrol ou de xeito presencial no Departamento de Urbanismo (rúa María 52-54, 5º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres), para o cal se deberá solicitar cita previa no teléfono 981 94 40 00, exts. 302/301.

As alegacións presentaranse dirixidas ao Servizo de Urbanismo e por calquera medio dos admitidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ferrol, 8 de setembro de 2022

O alcalde
P.D. (Alcaldía 8.7.2019, BOP do 22 de xullo)
Julián Reina Villalón
Concelleiro delegado da Área de Urbanismo e Infraestruturas, Mobilidade, Vivenda e Rehabilitación, Contratación, Centro de Recursos Informáticos e Organización Interna