Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Luns, 19 de setembro de 2022 Páx. 48983

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 5 de setembro de 2022 polo que se notifica a resolución de imposición dunha terceira multa coercitiva derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística PON/292/2016-RP1.

A Dirección da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data do 13 de decembro de 2021, ditou resolución pola que se impón unha terceira multa coercitiva derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística PON/292/2016-RP1 (PON/292/2016-C1), que foi incoado pola realización de obras executadas en solo rústico, no lugar de Lampreeira, parroquia de Alba, termo municipal de Pontevedra.

Ao non se lles poder realizar a notificación persoal da resolución aos interesados con documento nacional de identidade número 35322895R e 44087502K, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos interesados a devandita resolución mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, os interesados poderán interpoñer recurso de reposición ante a Dirección da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte en que se teña producido a notificación, ou ben, se non exercen o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2022

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística