Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 16 de setembro de 2022 Páx. 48842

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 26 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2022/223-4).

Advertidos erros na referida resolución, publicada no DOG número 156, do 18 de agosto de 2022, cómpre facer as seguintes correccións:

– Na páxina 44405, onde di:

«– Características técnicas: substitución do centro de transformación (CT) avenida Aeroporto Vigo 543 (36CGU1) de 160 kVA por un centro de transformación de manobra exterior 2L1P TC TG de 250 kVA en envolvente prefabricada de formigón conectado ao tramo SDM7111351 mediante un paso aéreo subterráneo no apoio existente A2J66XGU//D54-24-4. LMT subterránea a 15 kV, con condutor RHZ, de 23 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente A2J66XGU//D54-24-4 e final na cela do CT proxectado. A instalación está situada na rúa Rinxela-Cabral, na parroquia de Cabral, no concello de Vigo (Pontevedra)».

Debe dicir:

«– Características técnicas: substitución do centro de transformación (CT) avenida Aeroporto Vigo 543 (36CGU1), de 160 kVA, por un centro de transformación de manobra exterior 2L1P TC TG, de 250 kVA, en envolvente prefabricada de formigón conectado ao tramo SDM7111351 mediante un paso aéreo-subterráneo no apoio existente A2J66XGU//D54-24-4. LMT subterránea a 15 kV, con condutor RHZ, de 23 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente A2J66XGU//D54-24-4 e final na cela do CT proxectado. A instalación está situada na rúa Rinxela-Cabral e o centro de transformación está situado na parcela de referencia catastral 54057A030000670000AB, no lugar de Albítez, na parroquia de Cabral, concello de Vigo (Pontevedra)».

– Na páxina 44406, onde di:

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titulares

Afeccións

Canaliz. subt.

CT sup.

(m²)

Lonx. (m)

Sup. (m²)

1

Albítez

Agrario

36024A087003310000AT

Hrdos. Manuel Alonso Vilaboa Suárez

16

27,45

13,92

Debe dicir:

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Afeccións

Canaliz. subt.

CT sup.

(m²)

Lonx. (m)

Sup. (m²)

1

Albítez

Agrario

54057A030000670000AB

Hros. Manuel Alonso Vilaboa Suárez

16

27,45

13,92