En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:
Solicitante/promotora: EDP Renovables España, S.L.U. (CIF: B-91115196).
Domicilio social: r/ Serrano Galvache, 56, 3º andar, edificio empresarial Parque Norte, 28033 Madrid.
Domicilio para os efectos de notificacións: r/ Amio, 114, parque empresarial Costa Vella, 15702 Santiago de Compostela (A Coruña).
Denominación do proxecto: parque eólico Soesto (expediente IN408A 2020/073B).
Concellos afectados: Laxe e Vimianzo (A Coruña).
Potencia do parque: 12 MW.
Número de aeroxeradores para instalar: 2 × 6 MW de potencia nominal unitaria.
Produción neta: 42,94 GWh/ano.
Orzamento total (execución material): 9.696.931,38 €.
Prazo de execución: cinco (5) meses.
Localización (área de afección):
Parque eólico Soesto |
|
A.D.E. |
G17 |
Parque eólico Soesto |
||
Vértice poligonal |
UTM ETRS 89 fuso 29 |
|
UTM-X |
UTM-Y |
|
1 |
500.374,49 |
4.777.991,85 |
2 |
499.867,95 |
4.778.138,18 |
3 |
499.633,26 |
4.778.948,09 |
4 |
498.701,81 |
4.780.231,44 |
5 |
499.082,51 |
4.781.183,19 |
6 |
498.925,80 |
4.781.995,00 |
7 |
498.383,20 |
4.782.846,52 |
8 |
498.157,02 |
4.783.836,49 |
9 |
497.657,63 |
4.783.743,15 |
10 |
497.822,64 |
4.782.611,98 |
11 |
498.468,57 |
4.781.289,08 |
12 |
498.073,38 |
4.780.214,29 |
13 |
498.026,50 |
4.779.066,10 |
14 |
498.435,17 |
4.778.703,44 |
15 |
498.928,16 |
4.778.730,40 |
16 |
499.179,35 |
4.778.085,77 |
17 |
499.874,49 |
4.777.546,66 |
18 |
500.374,49 |
4.777.585,04 |
Parque eólico Soesto |
||
Aeroxerador |
UTM ETRS 89 fuso 29 |
|
UTM-X |
UTM-Y |
|
ST-01 |
497.957,17 |
4.783.519,94 |
ST-02 |
498.074,09 |
4.782.681,47 |
Parque eólico Soesto |
||
Torre meteorolóxica |
UTM ETRS 89 fuso 29 |
|
UTM-X |
UTM-Y |
|
TM |
498.023,00 |
4.783.120,00 |
Características técnicas das instalacións:
– 2 aeroxeradores modelo SG-155 do fabricante Siemens-Gamesa ou semellante, de potencia 6 MW de potencia unitaria. Aeroxeradores de velocidade e paso variable, teñen unha altura de buxa de 122,5 m e diámetro de rotor de 155 m.
– 2 centros de transformación, un dentro de cada aeroxerador, para incorporar a enerxía producida á rede de media tensión. Os centros de transformación de tipo seco en góndola de potencia unitaria 6.500 kVA, illados mediante resina epoxi, con relación de transformación 0,69/30 kV, trifásicos de servizo continuo, coas súas correspondentes celas de illamento de hexafluroruro de xofre e corte.
– Rede eléctrica soterrada de 30 kV, de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores e a subestación transformadora Monte Chan 30/220 kV (no obxecto do presente proxecto), composta por un circuíto formado por cables unipolares tipo AL-RHZ1 de seccións 150 mm2 e 240 mm2 de aluminio.
– Rede de terras xeral de modo que as instalacións electromecánicas formen un equipo equipotencial; conéctase á rede de terras da subestación. A posta a terra estará formada por condutor de Cu espido de 50 mm2, que se instalará en canalización conxunta cos cables de potencia e comunicacións.
– Rede de comunicacións constituída por condutor de fibra óptica.
– Una torre meteorolóxica de 122,5 m.
– Obxecto do presente expediente é a ampliación da subestación transformadora Monte Chan (obxecto de proxecto independente, en tramitación). A ampliación consiste na instalación de dúas celas con envolvente metálica, para instalación en interior, agrupadas nun (1) embarrado para recibir o circuíto de 30 kV coa configuración de 1 cela de liña, 1 cela de batería de condensadores.
O módulo disporá dun colector xeral de terras executado en cobre electrolítico, cunha sección de 120 mm2, ao cal se conectarán en xeral todas as partes metálicas non sometidas a tensión.
A evacuación da enerxía xerada no parque realizarase partindo da subestación transformadora Monte Chan, no obxecto do presente proxecto, a través dunha liña de alta tensión, no obxecto do presente proxecto.
Obxecto da información pública:
A solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto de interese autonómico (PIA) das instalacións.
Documentación que se expón:
1. O proxecto de execución (xullo de 2021, visado o 11.8.2022).
1.1. O plano xeral das instalacións do proxecto.
2. O estudo de impacto ambiental (EIA) (abril de 2022, asinado o 25.4.2022).
3. O proxecto de interese autonómico (PIA) (abril de 2022, asinado o 18.4.2022).
O que se fai público de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, para o coñecemento xeral, para que se poida examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia (DOG).
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña, teléfonos 981 18 49 83 e 18 49 17), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, así como na casa dos concellos de Laxe e Vimianzo (A Coruña). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación a través da seguinte ligazón:
https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion
A Coruña, 6 de setembro de 2022
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña