Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 16 de setembro de 2022 Páx. 48854

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 5 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a convocatoria para o pagamento dos prezos xustos acordados polo Xurado de Expropiación de Galicia para os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica LAT 220 kV Atios-Montouto, treito da subestación Atios-apoio 13, no concello do Porriño.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio comunícaselles a todas as persoas interesadas nos pagamentos dos prezos xustos polos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica LAT 220 kV Atios-Montouto, treito da subestación Atios-apoio 13, que se realizarán na Casa do Concello do Porriño, segundo o calendario e horario que se sinala no cadro anexo que se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 5 de setembro de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2018/321-4.

Entidade beneficiaria: Red Eléctrica de España, S.A.U.

Denominación da instalación: LAT 220 kV Atios-Montouto, treito da subestación Atios-apoio 13.

Concello: O Porriño.

Predio

Ref. catastral

Titularidade

Data

Hora

60

36039A02600258

Emilio Romero

17 de novembro de 2022

11.00

64

36039A02600320

Hros. Olivia Besada Besada

17 de novembro de 2022

11.00

108

36039A02500310

Descoñecida

17 de novembro de 2022

11.00

110

36039A02500309

Descoñecida

17 de novembro de 2022

11.00

142

36039A02500378

Descoñecida

17 de novembro de 2022

11.00

144

36039A02500381

Descoñecida

17 de novembro de 2022

11.00